Saltar ao contido

Praza de Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Obelisco de la Caja e Torres da Puerta de Europa.

A praza de Castilla é unha gran praza situada ao norte da cidade de Madrid, no distrito de Chamartín. É atravesada polo tramo final do Paseo de la Castellana, unha das principais arterias da cidade, e constitúe o centro neurálxico do barrio de Castilla. Ademais, conflúen na prazas a Avenida de Asturias e as rúas de Agustín de Foxá, Mateo Inurria e Bravo Murillo.

Destacan na praza dous dos rañaceos máis coñecidos da cidade, as torres da Puerta de Europa, máis coñecidas como Torres Kío, de 114 metros de altura. Tamén está a Torre Castilla, de 24 plantas. No centro da praza atópase o Obelisco de la Caja, deseñado por Santiago Calatrava e encargado por Caja Madrid con motivo do 300 aniversario da súa fundación. Tamén hai un monumento a José Calvo Sotelo.