Puerta de Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puerta de Europa
Puerta de Europa
Coordenadas40°27′59″N 3°41′16″O / 40.466388888889, -3.6877777777778Coordenadas: 40°27′59″N 3°41′16″O / 40.466388888889, -3.6877777777778
editar datos en Wikidata ]

As torres da Puerta de Europa, tamén coñecidas como Torres KIO (debido a que foron promovidas pola empresa kuwaití KIO, Kuwait Investments Office) son dúas torres da cidade de Madrid inclinadas unha cara á outra, 15° respecto da vertical, cunha altura de 114 m e 26 plantas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Puerta de Europa son as segundas torres xemelgas máis altas de España, tralas Torres de Santa Cruz en Santa Cruz de Tenerife, con 120 metros sen contar os pararraios. Están situadas na praza de Castilla de Madrid, entre o centro financeiro de AZCA e as Cuatro Torres Business Area.

A súa construción deu lugar ao caso de estafa de Urbanor que implicou aos Albertos e ao Banco Central de España cando os querelantes (o arquitecto Pedro Sentieri e o construtor Julio San Martín) denunciaron aos seus ex socios Alberto Alcocer e Alberto Cortina alegando que obtiveron máis diñeiro na operación malia que estes eran os socios maioritarios, e que cobraron o pago de KIO en accións do Banco Central, debido a que a operación fora instrumentada para lograr o control de devandita entidade.

A torre da esquerda en dirección saída de Madrid coñécese como Puerta de Europa I, en tanto que a outra se coñece como Puerta de Europa II. Para evitar a súa confusión a primeira dispón dun heliporto pintado en cor azul e a segunda en vermello. A torre da esquerda ten o logotipo de Bankia (anteriormente, tivo o de Caja Madrid e tamén os dous simultaneamente), mentres que a torre da dereita ten o logotipo de Realia, unha empresa inmobiliaria. Este logo foi engadido posteriormente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]