Saltar ao contido

Chamartín, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamartín, Madrid
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
14 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   144.796 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   9,1754821246593 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal28002, 28006, 28016, 28036 y 28046 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap356983 Editar o valor en Wikidata
VIAF155977483 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fnkkm Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX451834
Wikidata C:Commons

Chamartín[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade.

Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo suroeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 144.796 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1947.[3]

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

Delimitado polo Paseo da Castellana, a M-30 e a A-2 (autovía do Nordeste), dos distritos centrais de Madrid é o que tivo un desenvolvemento máis tardío, xa que ata despois da Guerra Civil soamente o Barrio de la Prosperidad e algunhas colonias de hotelitos daban vida urbana ao Distrito.

Con excepción do Casco Rural de Chamartín de la Rosa, practicamente o resto da área estaba formada: ao norte por grandes leiras da nobreza que posteriormente foron cedidas a ordes relixiosas; ao sur produciuse un pequeno desenvolvemento ao redor do Camino de Hortaleza, ao saltarse, no século XIX, as Rondas.

Se outrora o máis destacado foi a praza e o palacio do Infantado, hoxe éo principalmente a espazosa e funcional estación ferroviaria de Chamartín, asentada no que fose campo santo da vila.

No espazo do antigo municipio localízanse agora unha serie de importantes complexos: o Estadio Santiago Bernabéu, El Viso, Ciudad Jardín, Prosperidad, Hispanoamérica e Nueva España.[4]

Este distrito está dividido en seis barrios:[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Distrito de Chamartín (Madrid)".
  2. ↑ "Características xerais do distrito de Chamartín". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2024. Consultado o 04 de decembro de 2024.
  3. ↑ "DECRETO de 14 de noviembre de 1947 por el que se dispone la anexión total del término municipal de Chamartín de la Rosa al de Madrid" (PDF) (en castelán). 13 de decembro de 1947.
  4. ↑ "Datos históricos do distrito de Chamartín".
  5. ↑ "Mapa Distrito 5 - Chamartín" (PDF). xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2024. Consultado o 04 de decembro de 2024.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]