Saltar ao contido

Potamochoerus larvatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Potamochoerus larvatus é unha especie de mamífero súido africano, unha das dúas especies do xénero Potamochoerus, xeralmente chamados potamóqueros.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os adultos miden de 66 a 100 cm de alto e pesan de 55 a 150 kg.[3] Aseméllanse ao porco doméstico, e poden ser identificados polo seu fociño, ollos pequenos, orellas peludas e dedos dobrados. A súa cor varía desde marrón avermellado a marrón escuro e volvese máis escuro coa idade. Ambos os sexos teñen unha melena de cor máis clara que se ergue cando o animal se altera. As partes superiores da face e das orellas tamén son de cor máis clara. Os seus cairos afiados son bastante curtos e pouco visibles. A diferenza dos facóceros (Phacochoerus), corren co rabo cara a abaixo. Os machos son xeralmente máis grandes que as femias.

Adoitan vivir en grupos de 12 individuos e son animais nocturnos.

Son omnívoros e a súa dieta inclúe raíces, cultivos ou prea, así como años neonatos. Gruñen suavemente mentres se alimentan e emiten un gruñido longo e resoante como chamada de alarma. Son unha molestia significativa nas rexións agrícolas do sur de África, e cázanse bastante. Porén, a súa poboación nas zonas agrícolas segue crecendo malia os esforzos de caza, debido ao terreo en gran parte innaccesible onde viven, a abundancia de alimentos, falta de depredadores e á súa rápida capacidade de adaptación aos métodos de caza.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese nunha ampla área, que comprende Etiopía, Somalia, sueste da República Democrática do Congo e cara ao sur ata Suráfrica (ver mapa).[3] Tamén os hai en Madagascar e posiblemente no arquipélago das Comores. Non se sabe como chegou a estas illas, pero seguramente foi levado alí polos seres humanos, probablemente despois dun período de domesticación.[4]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñéncense seis subespecies:[5]

  1. Seydack. A. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. 3,0 3,1 Kingdon, J. (1997). The Kingdon Guide to African Mammals. Academic Press Limited, London. ISBN 0-12-408355-2
  4. Simoons (1953), cited in Wilson, D. E.; Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
  5. Wilson, D. E.; Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]