Portal:Tampere/Lugar de interese/6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pista de xeo de Koulukatu (en finés Koulukadun kenttä) é unha pista de xeo situada na rúa Koulukatu, no distrito de Kaakinmaa da cidade de Tampere, Finlandia. Construída en 1956, trátase da primeira pista de xeo artificial construída en Finlandia.

No lugar no que se encontra a pista había tres pistas de tenis da Tampereen Tennisseura que o Ilves solicitou conxelar durante o inverno para a práctica do hóckey sobre xeo. Co tempo instalouse unha pista de xeo artificial que xogou un papel moi importante no desenvolvemento da modalidade.

Ata a construción de Hakametsä os tres equipos máis fortes da cidade (Ilves, KOOVEE e Tappara) disputaron os seus encontros como locais na pista, e durante a década de 1980 foi onde xogou os seus partidos como local o equipo feminino do Ilves.

No recinto téñense xogado clásicos de inverno ao aire libre como o Koulukarun lassikko disputado entre os equipos femininos do Ilves e as Blues de Espoo en 2012.