Portal:Israel/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976. Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.

As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar aos reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos...