Portal:Israel/Artigo destacado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicasxudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo...