Portal:Francia/Cidade destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bordeos (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a. É a capital da rexión de Nova Aquitania, e cunha poboación de 246.586 habitantes (2014) é tamén a cidade máis poboada da rexión.

É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.

Bordeos foi fundada no século III aC co nome de Burdigala polos Bituriges Vivisci (literalmente "biturixes desprazados"), que eran un pobo galo da rexión de Bourges. O primeiro emprazamento situouse na embocadura do Devèze, un afluente do Garona, próximo ó Gironde. Do século XII ao século XV a cidade é un feudo dos reis de Inglaterra. O século XVIII é a súa época dourada, co florecente comercio coas Antillas. As suntuosas mansións costeiras son desa época. Durante a primeira guerra mundial, estando París ameazado polo avance dos exércitos alemáns, o goberno francés reprégase en Bordeos. Fixo mesmo de capital en 1940, antes da derrota.