Portal:Colombia/Biografía destacada/10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gabriel García Márquez, nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927 e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. É considerado un dos autores máis significativos do século XX. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente. O xénero utilizado por García Márquez é o realismo máxico, sendo a súa novela máis recoñecida, Cien años de soledad, unha das máis representativas deste xenero. Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflectidas as súas ideas políticas. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro.

Coñecido familiarmente como "Gabo" (e tamén Gabito) (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así.