Portal:Ópera/Sobre a Ópera/outubro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La sonnambula é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani baseada nun guión para unha pantomima-ballet de Eugène Scribe e Jean-Pierre Aumer titulada La somnambule, ou L'arrivée d'un nouveau seigneur. A súa estrea tivo lugar o 6 de marzo de 1831 no Teatro Carcano de Milán con Giuditta Pasta e Luciano Mariani no papeis principais.

É unha das tres óperas máis coñecidas e representadas de Bellini, xunto con Norma e I puritani, e é considerada un dos cumios do belcanto romántico italiano. Salientan as escenas de Care compagne (Queridos compañeiros), na que Amina expreesou a súa felicidade, o seu primeiro encontro con Elvino e, sobre todo, a escena do sonambulismo Ah! non credea mirarti (Ah, non cria mirarte), cuxa partitura está inscrita na tumba de Bellini en Sicilia.