Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | España | ||||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||||
Cidade fronteiriza | Tui | ||||||
Xeografía | |||||||
Parte de | |||||||
Medición | 22,7 () × 399 () m | ||||||
Altitude | 15 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 1885 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Sen protección legal | |||||||
A Ponte Vella Internacional Tui-Valença sobre o río Miño, entre Galiza, no estado español, e o distrito de Viana do Castelo, en Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e ferrocarril.
Historia
[editar | editar a fonte]É falsa a lenda de que é obra de Gustave Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda.[2] Inaugurouse oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.
Durante máis de cen anos soportou moito tráfico, ao ser a única ponte para salvar o Miño, fronteira natural entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra de Miño e Monção (15,5 km río arriba), Goián e Vila Nova de Cerveira (14 km río abaixo), e a ponte Tui-Valença (1993) da autovía (670 metros río abaixo).
Durante séculos, as e os peregrinos chegaban a Tui dende Portugal cruzando o río en barcas. A partir de 1884, a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.
A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diarios e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Na esquina inferior dereita o Parador de Tui, ó fondo a Fortaleza de Valença.
-
Entrada da ponte desde Portugal.
-
Peregrinos do Camiño portugués.
-
Interior da ponte.
-
Interior da ponte á noite.
-
Panorámica da ponte
-
Un CP pasando pola ponte vella
-
Vista das vías do tren da ponte
-
Litografía da ponte
-
Litografía do proxecto da ponte
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte Vella Internacional Tui-Valença |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández , Xosé. Historia del puente internacional de Tuy sobre el Miño (en castelán). Boletín ETSA., 1994, n.º 18, páx. 62-68. ISSN 0213-3474.
- Gradín, Tere. Un recorrido histórico por a Linha do Minho[Ligazón morta] (en castelán). El Domingo, La Opinión A Coruña, 03/01/2010, n.º 465, páx. 8-9.
- MOPTC-Fomento. Observatorio transfronterizo España-portugal, Documento n.º 4 (en castelán). Secretaría General Técnica, marzo de 2006, 66 páx.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mandiá, Diana. El tren de la frontera (en castelán). El País, 15/12/2009.