Polygonia c-album

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polygonia c-album

Vista dorsal.

Vista ventral. Forma Hutchinsoni obsérvanse os lados inferiores das ás coas súas cores claras.
Vista ventral. Forma Hutchinsoni obsérvanse os lados inferiores das ás coas súas cores claras.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Tribo: Nymphalini
Xénero: 'Polygonia'
Especie: ''P. c-album''
Nome binomial
'Polygonia c-album'
(Linnaeus, 1758)
Subespecies

8 sspp, ver texto

Sinonimia

Nymphalis c-album

A Polygonia c-album é unha especie de bolboreta pertencente á familia Nymphalidae. Os bordos irregulares das súas ás son característicos do xénero Polygonia. Pode atoparse no norte de África e en toda Europa desde Portugal a través de Asia até Xapón. As súas ás son coloridas pero o seu lado inferior posúe un patrón que se camufla cando se pechan unha contra outra.

Descrición[editar | editar a fonte]

A Polygonia c-album posúe unha envergadura de ás de 45 mm.[1] A face inferior das súas ás é dunha cor marrón, cunha pequena marca en forma de 'C' de cor branca.[1] As súas ás posúen un bordo irregular distintivo, aparentemente unha forma críptica xa que a bolboreta aseméllase a unha folla seca.[2][3]

Debido a que estas bolboretas hibernan como adultos, é posible velas ao longo de todo o ano, pero o período de voo activo vai dende abril até novembro, dependendo da zona.[1] Os adultos aliméntanse con néctar, principalmente de cardos (Cirsium e Carduus spp.), pero tamén de Rubus fruticosus, Hedera helix, Centaurea spp., e Ligustrum vulgare.[3]

As femias poñen até 275 ovos verdes, que cambian a amarelo e finalmente a gris antes de eclosionar.[2] As eirugas tamén son crípticas, son brancas e negras, asemellándose á deposición dun ave.[1] No Reino Unido a larva aliméntase de lúpulo, Urtica dioica, olmo, e groselleira negra; noutras zonas tamén se alimenta de salgueiro, abeleira e bidueiro.[2][3][4]

A especie sobrevive ao inverno no seu estadio adulto, e os adultos posúen dúas formas. A forma que pasa o inverno antes de reproducirse ten cor escura na superficie ventral das ás, parecendo unha folla seca, unha camuflaxe perfecta para o inverno.[1] A maioría dos descendentes presentan esta forma escura.[2] A forma que se desenvolve directamente á madurez sexual (forma hutchinsoni) ten ás de cor máis clara na superficie inferior.[2] Ambas as formas poden xurdir de ovos depositados pola mesma femia, dependendo principalmente do fotoperíodo da larva, pero tamén influenciado pola planta hospedeira, temperatura e sexo.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Polygonia c-album atópase por toda Europa e a zona tépeda de Asia até Xapón e polo sur até Marrocos. Existen especies semellantes nos Estados Unidos e o Canadá.[1][2][3]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Esta especie prefire os bosques abertos, claros boscosos, camiños campestres e xardíns.[1][2][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 UK Safari
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Comma page at UK Butterflies site
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Comma page at Butterfly Conservation site". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 15 de decembro de 2013. 
  4. Funet.fi

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tolman, Tom; Lewington, Richard (2009). Collins Butterfly Guide: The Most Complete Field Guide to the Butterflies of Britain and Europe. Harper Collins. ISBN 978-0-00-727977-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]