Bombeiro, bombeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bombeiro»)
Bombeiros adestrando nun simulacro de incendio dun avión.
Bombeiro cunha máscara de osíxeno

Un bombeiro[1] é un membro do corpo que se ocupa principalmente da extinción de incencios e doutros servizos de diversa índole pero que en moitas ocasións están relacionados cun sinistro. O nome de bombeiro procede da súa ocupación tradicional, apagar lumes, para o que utilizaban bombas para sacar auga de pozos, ríos ou calquera outro depósito ou almacén de auga cerca do lugar do incendio. Os exipcios tiñan xa agrupacións semellantes aos bombeiros, pero son os franceses os que tiveron as primeiras brigadas profesionais organizadas.

Funcións[editar | editar a fonte]

Coordinar o control e a extinción de todo tipo de conflagracións e incendios entre outras emerxencias cotiás ou derivadas dun desastre onde se precise a súa intervención, ao poñerse en risco vidas humanas e os seus bens materiais. Actualmente os bombeiros (ou o corpo de bombeiros) son unha organización que se dedica a:

  • Prevención de accidentes e Incendios
  • Control e extinción de incendios.
  • Atención de incidentes con materiais perigosos.
  • Atención prehospitalaria.
  • Salvamento de persoas e animais en casos de emerxencia.
  • Asistencia e rescate en accidentes de tráfico.
  • Control da prevención na edificación (soporte técnico).
  • Outros sinistros difíciles de catalogar.
  • Educación das persoas e nas empresas para a autoaxuda en situacións de risco.

Tradicionalmente a tarefa principal dos bombeiros foi extinguir lumes pero nas décadas pasadas o número de axudas técnicas tense elevado. Por iso os bombeiros dispoñen de coches nos que teñen non só equipo para apagar o lume senón tamén para axudar noutras situacións de urxencia.

Apagar lumes é a tarefa principal dos bombeiros.

A maioría dos bombeiros están en organizacións públicas que son de dous tipos: as que os teñen empregados con soldo e as dos voluntarios (como os Bombeiros Voluntarios de Portugal), sendo ámbalas dúas profesionais. Tamén existen bombeiros privados (como FALK - Dinamarca), corpos de bombeiros en fábricas e empresas (como os bombeiros de PDVSA - Venezuela) e corpos de bombeiros dedicados ás áreas universitarias (Corpo de Bombeiros Voluntarios Universitarios da Universidade Central de Venezuela etc), estes xeralmente colaboran en investigacións científicas en pro da profesión, ademais de desempeñar os labores típicos dun corpo de bombeiros.

Como chamar aos bombeiros[editar | editar a fonte]

Para chamar aos bombeiros por teléfono é nun caso de emerxencia, o número de teléfono é 112 en todos os estados da Unión Europea (teléfono único de Emerxencias).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bombeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]