Poema en catro tempos
Poema en catro tempos | |
---|---|
![]() | |
Autor/a | Eduardo Blanco Amor |
Lingua | Lingua galega |
Xénero(s) | Poesía |
Data de pub. | 1931 |
Poema en catro tempos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) en 1931[1]. Foi reeditada por Galaxia en 1980 en Poemas galegos.[2]
En 2000 presentouse en Ourense unha edición de luxo con gravados de Correa Corredoira[3] (175 exemplares numerados[4])
Índice
Características[editar | editar a fonte]
O autor explicoulle a Carlos Casares como xurdiu a obra[5]:
Esa "experiencia do mar" lembra De catro a catro de Manuel Antonio, polas afinidades no tema e no título.[6]
Está escrito en forma de sinfonía, ten elementos vangardistas, unha tradición romántico-simbolista que considera a música como a arte por excelencia.
1º movemento: Adagio sostenuto[editar | editar a fonte]
O adagio é un ritmo musical lento e o sostenuto indica que se empregan notas cun semitón máis alto que as que corresponden ao adagio.
- Comunión: imaxes musicais e pictóricas nas que a natureza estáhumanizada coma no hilozoísmo.
- Sino: predominan os hendecasílabos, ritmo lento, de adagio. Imaxes hilozoístas.
2º movemento: Scherzo adagio[editar | editar a fonte]
O scherzo corresponde a un movemento vivo e gracioso.
- Mascato: rtimo curto e vivo, exclamacións. Elementos vangardistas.
- Ardora: noite, faenas do mar, ritmo lento, imaxes hilozoístas.
3ª movemento: Presto[editar | editar a fonte]
O presto ten un só poema:
- Temporal: ritmo rápido, a treboada vaise achegando, a traxedia consúmase.
4º movemento: Andante maestoso[editar | editar a fonte]
O andante maestoso ten un ritmo lento, nobre e maxestoso, é unha marcha fúnebre solemne.
- Marcha fúnebre: Blanco Amor comentoulle a Carlos Casares[5]:
Segundo Carlos L. Bernárdez: Poema en catro tempos conxuga a autenticidade da expresión vivida co tema poético a través dunha base musical que axusta ritmo e estrofas aos tempos, nunha estreita relación de contido, métrica e ritmo.[6]
Para o Diccionario da literatura galega[7]:
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha da obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-08-26.
- ↑ Blanco Amor, Eduardo (1980). Poemas galegos. Dombate. Galaxia. ISBN 84-7154-378-8.
- ↑ García, Jesús Manuel (2000-06-09). "Publicado en edición de lujo el «Poema en catro tempos» de Blanco Amor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-08-26.
- ↑ "«POEMA EN CATRO TEMPOS « DE EDUARDO BLANCO AMOR". Galería Ansoar (en castelán). Consultado o 2019-08-26.
- ↑ 5,0 5,1 Casares, Carlos (1973). "Leria con Eduardo Blanco-Amor". Grial (41): 339.
- ↑ 6,0 6,1 "Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 80. ISBN 84-8288-019-5.