Saltar ao contido

Pobo yámana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo yámana
Pobo yámana, 1883.
Poboación
Poboación total:
100 (2000)[1]–1 685 (2002)
Rexións principais:
Chile1 685 (2002)
Aspectos culturais
LinguaYámana e castelán
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
Kawésqar e selk'nam

Os yámana[2] tamén chamados yaghan ou tequenica,[1] son un dos pobos indíxenas do Cono Sur, e son considerados o pobo máis meridional do mundo.[3] O seu territorio tradicional as illas ó sur da Illa Grande da Terra do Fogo, estendendo a súa presenza no Cabo de Fornos. Habitan ese lugar dende hai 10 000 anos.

No século XIX, eran coñecidos como "fueguinos", pero no presente ese termo é rexeitado xa que non distingue entre os diferentes pobos de Terra de Fogo (por exemplo, os selk'nam habitan a parte norte da Terra de Fogo). Case non quedan yámana que falen a lingua yámana (tamén coñecida como yaghan), que é considerada unha lingua illada, xa que a maioría fala o castelán.[1] Cristina Calderón, finada o 16 de febreiro de 2022 e que que vivía no territorio de Chile, foi coñecida por ser a derradeira yámana que falou a súa lingua.

Os yámana eran tradicionalmente nómades, e cazadores recolectores. Viaxaban en canoas entre as illas para recoller alimentos: os homes cazaban leóns mariños, mentres que as mulleres recollían mariscos.

Distribución dos pobos indíxenas de Chile. Os yámana (yaghan) á esquerda en violeta escuro.
  1. 1,0 1,1 1,2 "Yámana." Ethnologue. Consultado o 18 de decembro de 2011.
  2. Entrada yámana en Digalego
  3. Grenoble, Lenore A. e Lindsay J. Whaley "What Does Digital Technology Have to Do with Yaghan?" Arquivado 19 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Linguistic Discovery. Volume 1 Issue 1 (2002). Consultado o 19 de decembro de 2011.