Cristina Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Calderón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Cristina Calderón Harban Editar o valor em Wikidata
24 de maio de 1928 Editar o valor em Wikidata
Puerto Williams, Chile (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Hospital Clínico de Magallanes, Chile (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaVilla Ukika (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo yámana Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , escritora , activista cultural , artesá , etnógrafa , lexicógrafa Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua yámana e Castelán chileno Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLidia González Editar o valor em Wikidata
IrmánsÚrsula Calderón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Cristina Calderón Harbán, nada en Róbalo,[1] Illa Navarino, Chile o 24 de maio de 1928[2] e finada en Punta Arenas o 16 de febreiro de 2022, foi a derradeira falante nativa da lingua yámana, representante de devandita etnia e a única integrante desa cultura que alcanzou a vivir segundo os seus costumes, logo do falecemento da súa irmá Úrsula en 2003,[3] e de Emelinda Acuña o 12 de outubro de 2005 por un ataque ao corazón.[4]

Cristina Calderón foi oficialmente declarada Filla Ilustre da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Tamén foi recoñecida polo Consello Nacional da Cultura e as Artes como «tesouro humano vivo» do seu país, no marco da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, adoptada pola UNESCO en 2003. Así mesmo, foi nomeada entre as 50 mulleres protagonistas do Bicentenario da República de Chile.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cesto yámana tecido por Cristina Calderón.

Nada en Róbalo o 24 de maio de 1928, nunha choza tradicional mentres acontecía un gran temporal de neve con ventos do sur. O nome de Cristina asignoullo a súa avoa Gertie, quen ademais de ser a parteira "dos antigos" foi a súa madriña. Os seus pais foron Juan Calderón e Carmen Harbán. A liñaxe Calderón é unha familia distinguida na rexión austral, por formar parte dos últimos clans do pobo yámana que practicou as cerimonias iniciáticas desta cultura ancestral.

Cristina Calderón e a súa irmá máis vella Úrsula quedaron orfas de moi nenas. O seu pai Juan Calderón faleceu en 1931. Tres anos máis tarde (en 1934), tamén morreu a súa nai cando Cristina tan só tiña cinco anos.

Tras a orfandade, a educación de ambas as nenas foi asumida por familiares do seu clan: os avós maternos. Porén, ese mesmo ano (1934), apenas pasados uns meses, morreu o avó William Harbán. Trala perda do seu avó, Cristina mudouse a vivir coa súa curmá maior Clara, onde foi feliz os seguintes anos da nenez.[5] Durante esta etapa asimilou paulatinamente a lingua castelá, termos en inglés e a lingua yámana da súa avoa Julia, coa que se comunicaba até os nove anos de idade.

Aos quince anos formou parella con Felipe Garay con quen tivo tres fillos: Miguel, Juan e Eugenio, a quen Garay non chegou a coñecer pois faleceu un mes antes do seu nacemento en 1948. Trala morte do pai dos seus fillos, Cristina quedou na ruína ata que en 1949, decidiu formar novamente parella con "Lucho", un home de ascendencia selk'nam por parte de nai. Lucho levouna a vivir en Estancia Harberton cos seus tres primeiros fillos e o recentemente chegado Mauricio, que naceu no mesmo tempo en que o seu pai morreu dunha enfermidade pulmonar en 1962. En 1964, Cristina decidiu formar parella con Teodosio González ata que faleceu no 2009. Con Teodosio tivo en 1967 a súa filla Lidia.

Nos seus últimos anos, Cristina traballou en cestaría, con xunqueiras que ela mesma colleitaba.[1] Chegou a Vila Ukika e foi a primeira poboadora a dous quilómetros de Puerto Williams. Tivo 9 fillos (7 deles vivos), 14 netos e numerosos bisnetos.[2] Algúns poboadores locais chamábana «Avoa».

Legado familiar[editar | editar a fonte]

Cristina Calderón e a súa familia preocupáronse da conservación da cultura yámana, dedicándose principalmente á difusión da lingua, contos e lendas ancestrais deste pobo e relatos da súa vida e a dos seus devanceiros. Coa súa neta Cristina Zárraga, estiveron confeccionando un dicionario con terminoloxía da lingua yámana.[3] Tamén editaron unha recompilatorio de contos e lendas yámana, titulado Hai Kur Mamašu Shis ("Quero contarche un conto").[6] Ademais, no 2016, Cristina Zárraga publicou en homenaxe á súa avoa, relatos en primeira voz, denominada Cristina Calderón: Memorias de mi abuela yagán, unha obra sinxela pero profunda e inigualable na rexión.

A súa filla Lidia González traballou como monitora no Xardín Étnico de Vila Ukika ensinándolles aos nenos a falar en lingua yámana para que conserven as súas tradicións.[1] Ela foi electa como convencional constituínte en 2021, sendo parte das 155 persoas que escribían a proposta de nova constitución de Chile.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Muñoz Vera, Cristian. "Cristina Calderón representará a la Región de Magallanes en la elección de la mujer del Bicentenario". Contenidos Locales. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Biobíochile.cl (26 de maio de 2011). "Última representante del pueblo Yagan cumple 83 años en Puerto Williams". Consultado o 28 de maio de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Azúa, Mauricio. "Mujer yagana busca preservar lengua a través de diccionario". La Estrella de Arica. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2004. Consultado o 19 de marzo de 2011. 
  4. [https://web.archive.org/web/20110929010244/http://www.mapuche-nation.org/english/html/news/n-88.htm Arquivado 29 de setembro de 2011 en Wayback Machine. The Santiago Times (14 de outubro de 2005) (en inglés)
  5. Zárraga, Cristina (2016).- Cristina Calderón: Memorias de mi abuela Yagán.- Registro de propiedad intelectual N° 252 393. Punta Arenas. Chile. páxina 26.
  6. ""Quiero contarte un cuento", libro de las costumbres y leyendas yaganes". El Diario del Fin del Mundo. 11 de decembro de 2008. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  7. Toro, Daniel (29 de xaneiro de 2021). "Lidia González, la única candidata mujer yagán a la Convención: "El interés está en quienes quieren tener un poco de voz"". El Mercurio (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]