Pobo pasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo pasto
CASA INDIGENA.jpg
Casa tradicional da etnia pasto, en Chiles (Nariño).
Poboación
Poboación total:
c  130 000
Rexións principais:
Flag of Colombia.svg Colombia129 801 (2005)
Flag of Ecuador.svg Ecuador1 409 (2010)
Aspectos culturais
LinguaCastelán e pasto (extinta)
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Awá e quillacinga

Os pastos son un pobo indíxena de Colombia que habita xunto co pobo quillacinga na franxa andina do que actualmente é o departamento de Nariño, no sur de Colombia, e a provincia de Carchi, no norte de Ecuador.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Linguas preincaicas no século XVI. A lingua pasto é a máis setentrional.

O nome pasto podería ser unha adaptación ó castelán de past awá ou ‘xente escorpión’.[2] Os pastos estiveron baixo dominación do Imperio incaico, pouco antes da chegada dos españois.[1] Na última década do século XV, os pastos enfrontáronse ó inca Huayna Cápac, quen dende Quito decidiu lanzar unha campaña para conquistar o territorio pasto. É posible que past awá, que significa ‘xente escorpión’, sexa unha imaxe xurdida para referirse a que Huayna Cápac quíxolles pisar a cabeza e picárono coa cola", pois ó ocupar o imperio a zona do actual Ipiales, os pastos refuxiáronse na cordilleira occidental e lograron expulsar ós ocupantes. Os incas preferiron entón avanzar polo piedemonte amazónico a través do territorio dos cofán,[3] pero finalmente foron os españois os que controlaron a rexión e foi o pobo awá quen logrou preservarse da dominación nas selvas da vertente do Pacífico colombiano, mentres que os pastos finalmente deixaron de falar a súa lingua.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Harold Santacruz Moncayo. "Origen de los pueblos Pastos". Consultado o 2009. 
  2. Gente escorpión
  3. Ortiguera, Toribio de 1586 Jornada del Río Marañón. Madrid: Atlas, 1968

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]