Saltar ao contido

Lingua chiwere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua chiwere
Báxoje ich'é Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Báxoje ich'é (mis) Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Número de falantes
33 (2006) Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
extinta
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hwrsr Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3iow Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5iow Editar o valor en Wikidata
IETFiow Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua chiwere (tamén chamada iowa-otoe-missouria ou báxoje-jíwere-ñút’achi) é unha lingua síux falada orixinalmente polos pobos missouria, otoe e iowa, que habitaban na rexión dos Grandes Lagos antes de seren deportados ás chairas do medio oeste. A lingua está estreitamente relacionada co ho-chunk, tamén coñecido como winnebago. A lingua chiwere foi documentada por vez primeira polos misioneiros cristiáns na década de 1830, pero dende entón non se fixo ningunha publicación sobre a lingua. O chiwere sufriu un esmorecemento incesante despois do contacto cos colonos europeos e en 1940, a lingua xa case deixara de ser falada. Segundo datos de 2009 ten menos de 40 falantes semifluídos.[1][2] O chiwere está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

  1. Anderton, Alice, PhD. Status of Indian Languages in Oklahoma. Intertribal Wordpath Society. 2009 (22 de febreiro de 2009)
  2. Welcome to the Ioway, Otoe-Missouria Language Website. Ioway, Otoe-Missouria Language. (23 de febreiro de 2009)
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GoodTracks, Jimm G. (2010). Iowa, Otoe-Missouria Language Dictionary: English / Báxoje-Jiwére-Ñútˀačhi ~ Maʔúŋke. (Revised Edition). Center for the Study of the Languages of the Plains and Southwest.
  • GoodTracks, Jimm G. (2007). Iowa, Otoe-Missouria Language Dictionary: English / Báxoje-Jiwére-Ñútˀačhi ~ Maʔúŋke. (Revised Edition). Center for the Study of the Languages of the Plains and Southwest.
  • GoodTracks, Jimm G. (2002). Ioway-Otoe Verb Composition: Elements of the Verb and Conjugations. (Revised Edition). Ioway Cultural Institute.
  • Whitman, William. (1947). "Descriptive Grammar of Ioway-Oto." International Journal of American Linguistics, 13 (4): 233-248.
  • Wistrand-Robinson, Lila, et al. (1977). Jiwele-Baxoje Wan’shige Ukenye Ich’e Otoe-Iowa Indian Language – Book I. Jiwele Baxoje Language Project.