Morcego orelludo común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Plecotus auritus»)

O morcego orelludo común (Plecotus auritus) é un morcego europeo. Ten orellas moi particulares, dun gran tamaño e cun pregamento característico. É moi parecido ao orelludo gris, un mamífero moito menos común, pero ambas especies separáronse na década de 1960 polos científicos.

Un morcego orelludo común adulto ten un corpo de 4,5 a 4,8 centímetros, unha cola de 4,1 a 4,6 e as súas ás alcanzan os 3,9 cm de longo, distinguíndoo doutras especies de morcegos.

Son voadores relativamente lentos, comparándoos co resto dos morcegos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Pode atoparse ao norte de Eurasia, desde Inglaterra e Francia ata o norte de Casaquistán.

A especie prefire as covas para pousarse, pero tamén o fai nos orificios das árbores, nos edificios e en lugares similares. Cando se pousan nas árbores deben estar cerca do chan.

Caza polos bosques, durante o día, principalmente avelaíñas, que consegue de follas de árbores e das cortizas. É un dos morcegos cuxa vista é sumamente importante para capturar ás súas presas.