Platichthys
Platichthys | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Platichthys flesus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Platichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos.[1]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1854 polo médico e zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ao longo do tempo foi coñecido polos sinónimos:[1]
- Flesus Moreau, 1881
- Passer Klein, 1775
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Girard tirou o nome Platichthys dos termos do grego antigo πλατύς platýs, "plano", e ἰχθύς, ǐchthýs, "peixe", literalmente: "peixe plano".
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS, e a FishBase, o xénero abrangue tan só dúas especies:[1][2]
- Xénero Platichthys
- Platichthys flesus (Linnaeus, 1758) - a solla,[3] ou platuxa das pedras,[4]
- Platichthys stellatus (Pallas, 1787) - a platuxa do Pacífico.[4]
Controversia
[editar | editar a fonte]Porén, o SIIT admite unha terceira:[5] Platichthys bicoloratus (Basilewsky, 1855), que a maioría dos autores non consideran válida, e que o WoRMS identifica con Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) especie que, así e todo, hibridiza con Platichthys stellatus.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Platichthys Girard, 1854 no WoRMS.
- ↑ Especies de Platichthys na FishBase.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 300-301.
- ↑ 4,0 4,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- ↑ Platichthys no SIIT.
- ↑ Morrow, J. E. (1980): The freshwater fishes of Alaska. Vancouver, Canadá: University of British Columbia. Animal Resources Ecology Library.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Platichthys |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Platichthys na EOL. Con abundante información, numerosas ilustracións e mapas de distribución (en inglés).
- Platichthys na ADW.
- Platichthys no NCBI.