Saltar ao contido

Plants vs. Zombies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plants vs. Zombies
Logotipo
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
 Formato de distribución
 Sistema operativo
 Dispositivo de entrada
 Modo de xogo
 Motor gráfico
Adobe Flash
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Obras
 Edicións
 Obra derivada
 Universo ficticio
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
5 de maio de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Versións
1.2.0.1073 Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/05q4qn2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
87/100 Metacritic
8.5/10 GameSpot
8/10 GameSpot
8.5/10 GameSpot
88/100 Kritikanstvo
88/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt1991154 Youtube: UCO7XfkSDyOI3PnUFY2slySA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Plants vs. Zombies é un videoxogo desenvolvido e publicado orixinalmente por PopCap Games para Microsoft Windows e macOS. O xogo trata do dono dunha casa que emprega unha gran variedade de plantas para previr que un exército de zombis entre na súa casa e lle coman o cerebro. Foi estreado por vez primeira o 5 de maio de 2009, e estivo dispoñible en Steam o mesmo día.[1][2] A versión para iOS foi estreada en febreiro de 2010, e tamén unha versión HD para o iPad.[3] Unha versión estendida para Xbox Live Arcade que introduce novos modos de xogo foi estreada o 8 de setembro de 2010.[4] PopCap estreou unha versión para Nintendo DS o 18 de xaneiro de 2011 con contido único para a plataforma.[5] A versión para PlayStation 3 foi estreada en febreiro de 2011 ademais dun modo cooperativo para a versión Xbox 360. Unha versión de Android foi estreado o 31 de maio de 2011 en Amazon Appstore, mentres que se estreou ó mercado Android (hoxe Google Play) o 14 de decembro de 2011.[6] O 16 de febreiro de 2012 foi estreada unha versión para BlackBerry PlayBook.[7] Posteriormente, unha versión para o teléfono intelixente BlackBerry foi estreada en xaneiro de 2013 co lanzamento de BlackBerry 10.[8] Por outra banda, ámbalas dúas versións orixinais do xogo, para Windows e Mac foron relanzadas con contido engadido para a versión Game of the Year. En xaneiro de 2015, foi estreada unha versión con publicidade para iOS.[9]

Recibiu unha resposta positiva por parte da crítica e estivo nomeado a varios premios, e a súa banda sonora foi moi aclamada. A súa secuelal, Plants vs. Zombies 2: It's About Time',' foi estreada o 15 de agosto de 2013 para iOS.

  1. Valve Corporation (ed.). "Plants vs. Zombies GOTY Edition". Consultado o 11 de agosto de 2010.
  2. Steam, ed. (5 de maio de 2009). "Plants vs. Zombies Now Available". Consultado o 11 de agosto de 2010.
  3. Popcap.com (ed.). "PopCap Launches Plants vs. Zombies HD App for iPad". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010.
  4. IGN (ed.). "Plants vs. Zombies XBLA Dated, Awesome". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2010. Consultado o 18 de agosto de 2010.
  5. Pereira, Chris (23 de agosto de 2010). 1UP.com, ed. "Plants vs. Zombies Gets Extra Content and Heads to DS". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2010.
  6. Pereira, Chris (31 de maio de 2011). TechCrunch, ed. "Amazon’s Android Appstore Gets Another Huge Exclusive: Plants vs Zombies". Consultado o 9 de xuño de 2011.
  7. BlackBerry App World, ed. (16 de febreiro de 2012). "Plants vs. Zombies for Blackberry Playbook". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2012.
  8. The Verge (ed.). "BlackBerry shows off some of its 70,000 new third-party apps, including Skype, Rdio, Kindle, and Whatsapp". Consultado o 30 de xaneiro de 2013.
  9. iTunes (ed.). "Plants vs. Zombies FREE". Consultado o 27 de maio de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]