Plan territorial xeral de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Plan territorial xeneral de Cataluña (PTGC, en catalán: Pla territorial general de Catalunya) é o instrumento básico de ordenación do territorio de Cataluña, da súa planificación e da definición de políticas específicas de desenvolvemento e reequilibrio territorial. Foi aprobado pola Lei 1/1995 do 16 de marzo.

Obxectivos e funcionamento[editar | editar a fonte]

Os obxectivos deste plan son a definición de:

  • As zonas homoxéneas segundo o potencial de desenvolvemento e a súa situación socioeconómica.
  • Os núcleos de poboación que poden exercer unha función reequilibradora no territorio.
  • Os espazos naturais a conservar.
  • As terras de uso agrícola ou forestal a conservar ou ampliar.
  • Os lugares ideais para a instalación de infraestruturas.
  • Os ámbitos de aplicación dos plans territoriais parciais.

Os sistemas de propostas do Plan son a tres niveis:

  • Definición de Áreas Básicas Territoriais (ABT) constituídas pola agrupación de municipios no limiar mínimo de cobertura territorial para equipamentos colectivos (saúde, deporte, saneamento, educación...).
  • Estudo dos grandes sistemas urbanos como áreas de cohesión e influencia na súa contorna territorial.
  • Definición dos Ámbitos Funcionais Territoriais (AFT) constituídos por agrupacións de comarcas e sistemas urbanos.

Ámbitos funcionais territoriais[editar | editar a fonte]

Os Ámbitos Funcionais Territoriais (AFT) están definidos como agrupación de comarcas a partir dun sistema urbano central e uns sistemas urbanos con certo grao de dependencia. Os ámbitos funcionais son as áreas de planificación que serven como marco para a definición de plans territoriais parciais. As diferentes Consellerías da Generalitat foron adaptando os seus servizos aos ámbitos funcionais e serven de base para a publicación de datos estatísticos da Generalitat.

Ámbito Comarcas
Alt Pirineu i Aran Alt Urgell, Alta Ribagorça, Cerdanya, Pallars Jussà, Pallars Sobirà e Val d'Aran
Metropolitano de Barcelona Baix Llobregat, Barcelonès, Maresme, Vallès Occidental e Vallès Oriental
Camp de Tarragona Alt Camp, Baix Camp, Conca de Barberà, Priorat e Tarragonès
Comarques Centrals Bages, Berguedà, Moianès, Osona, Solsonès e algúns concellos de Anoia[1]
Comarques Gironines Alt Empordà, Baix Empordà, Garrotxa, Gironès, Pla de l'Estany, Ripollès e La Selva
Penedès Alt Penedès, Baix Penedès, Garraf e a maior parte de Anoia[1]
Ponent Garrigues, Noguera, Pla d'Urgell, Segarra, Segrià e Urgell
Terres de l'Ebre Baix Ebre, Montsià, Ribera d'Ebre e Terra Alta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 anoiadiari.cat, ed. (19 de xaneiro de 2010). "Sete municipios anoiencos reivindican a Alta Segarra". Consultado o 24 de novembro de 2010.