Plácido Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Plácido Fernández Arosa»)
Plácido Fernández de Arosa
Nacemento15 de xaneiro de 1760
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento3 de decembro de 1838
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e gravador
editar datos en Wikidata ]

Plácido Antonio Fernández de Arosa (tamén mencionado como Plácido Fernández Erosa nalgunhas publicacións dixitais[1], e na súa propia sinatura[2]), nado en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 1760 e finado o 3 de decembro de 1838, foi un pintor e gravador galego.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Fernández Montero "Ollos mouros" e neto de "Guinchote", escultores, Plácido formouse con Xoán Antonio García de Bouzas.

Pensionado por Xoán Antonio Cisneros de Castro e da Barrera, primeiro Conde de Ximonde, ingresou o 27 de abril de 1794 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor, e co seu paisano Gregorio Ferro, por entón tenente director da mesma.[3]

Foi tamén profesor da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, de 1806 a 1809.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alonso III de Fonseca". Museo Virtual da USC (en castelán). 2020-09-24. Consultado o 2023-05-17. 
  2. Firma de Plácido Fernández de Arosa.
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Castiñeiras, Enrique. "Diccionario Biográfico electrónico". dbe.rah.es (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 23 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]