Plácido Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plácido Fernández de Arosa
Nacemento15 de xaneiro de 1760
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento3 de decembro de 1838
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e gravador
Firma de Plácido Fernández de Arosa.png
editar datos en Wikidata ]

Plácido Antonio Fernández de Arosa (tamén mencionado como Plácido Fernández Erosa nalgunhas publicacións dixitais[1], e na súa propia sinatura[2]), nado en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 1760 e finado o 3 de decembro de 1838, foi un pintor e gravador galego.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Fernández Montero "Ollos mouros" e neto de "Guinchote", escultores, Plácido formouse con Xoán Antonio García de Bouzas.

Pensionado por Xoán Antonio Cisneros de Castro e da Barrera, primeiro Conde de Ximonde, ingresou o 27 de abril de 1794 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor, e co seu paisano Gregorio Ferro, por entón tenente director da mesma.[3]

Foi tamén profesor da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, de 1806 a 1809.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Obras de Plácido Fernández de Arosa (ou Erosa)
Pinturas da Igrexa de San Bieito do Campo. 
Pinturas do trascoro da Catedral de Lugo
Cruceiro da Catedral de Lugo. 
Retrato de don Juan Nepomuceno Ozores, VII Conde de Priegue. 
Retrato de Alonso III de Fonseca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alonso III de Fonseca". Museo Virtual da USC (en castelán). 2020-09-24. Consultado o 2023-05-17. 
  2. Firma de Plácido Fernández de Arosa.
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Castiñeiras, Enrique. "Diccionario Biográfico electrónico". dbe.rah.es (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 23 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]