Pirrón de Elis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPirrón de Elis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. década de 360 a. C. Editar o valor em Wikidata
Élida, Grecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. década de 270 a. C. Editar o valor em Wikidata (80/99 anos)
Lugar de sepulturatomb of Pyrron (Eleia) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscepticismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , pintor , escritor Editar o valor em Wikidata
MovementoPirronismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresBrison de Acaia (pt) Traducir e Anaxarco Editar o valor em Wikidata
AlumnosTímon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Petrarcameister "O filósofo Pirrón no mar tormentoso", século XVI.

Pirrón, (en grego Πύρρων ὀ Ἡλείος), nado en Elis –cidade ó nordeste do Peloponeso– en 360 adc e finado en 270 adc, foi o primeiro filósofo escéptico que fixo da dúbida o problema central de toda a súa filosofía.

Coñécese a súa existencia a través do seu discípulo Temón. Quizais formara parte das tropas na expedición de Alexandre o Grande que chegou ata a India

Segundo Timón, era tan radical nas súas posturas escépticas que negaba que se puidese chegar aos primeiros principios da dedución aristotélica, aínda que sen chegar ás posturas de Antístenes, que renunciou a toda clase de filosofía.

Máis alá da dúbida de pensadores coma Sócrates, dicía que "incluso é imposible saber que non sabemos nada, inmersos en mundos de aparencias contraditorias[1]". Como a maioría dos escépticos adicábase a demoler todos os argumentos utilizados polos que pretendían xustificar calquera dogma.

Por motivos facilmente imaxinables a Idade Media escolástica foi moi hostil cara á filosofía pirroniana, e como consecuencia diso destruíronse gran parte dos contidos escépticos. Posteriormente, no Renacemento volveu estar de actualidade e tivo certo eco en pensadores posteriores coma por exemplo Hume.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Gual, Carlos, "Contra dogmáticos y pedantes" El País - Babelia, 2 xuño de 2012.