Macla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Macla de Cuarzo
Macla de Calcita.

Unha macla é un tipo de mineral formado por dous ou máis tipos de cristais. Os cristais únense segundo un plano ou están interpenetrados un no outro.

Unha macla é a agrupación simétrica de cristais idénticos. A simetría pode ser especular respecto do plano de macla ou polo xiro dos seus elementos ao redor do eixo de macla en 60°, 90°, 120° ou 180°.

  • Macla "de contacto": cando os elementos se unen nun plano
  • Macla "de compenetración": se están cruzados e compenetrados entre si. En xeral presentan diedros entrantes; en caso contrario fálase de mimesia dun cristal individual.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • Macla de calcita
  • Macla de fluorita, de contacto ou compenetración
  • Macla de xeso, en "punta de lanza"
  • Maclas por deformación típicas dos metais bcc e hcp.
  • Maclas de recocido formadas despois de tratamentos térmicos de recocido típicas en fcc.