Pirámide do Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pirámide do Sol

A Pirámide do Sol é o maior edificio de Teotihuacán, e un dos maiores de Mesoamérica. Crese que foi construído arredor do ano 200.[1][2] Situado na avenida dos Mortos, entre a Pirámide da Lúa e a Cidadela, á sombra da montaña Cerro Gordo, a pirámide fai parte dun gran complexo no centro da cidade.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Vista aérea da Pirámide do Sol

O nome de Pirámide do Sol vén dos aztecas, que visitaron a cidade de Teotihuacán séculos despois de ser abandonada; descoñécese o nome que deron á pirámide os teotihuacanos. Foi construída en dúas fases. A primeira etapa de construción, arredor do ano 200, levou a pirámide case ao tamaño actual. A segunda etapa deu como resultado o seu tamaño completo de 225 metros de largura[4] e 75 metros de altura, o que a converte na terceira pirámide máis grande do mundo,[5] aínda que só con algo máis da metade da altura da Gran Pirámide de Gizeh (146 metros). A segunda fase tamén viu a construción dun altar no alto da pirámide que non sobreviviu aos tempos modernos.

Sobre a estrutura, os antigos teotihuacanos remataron a súa pirámide con xeso de cal importado das zonas circundantes, sobre o que pintaron murais de cores brillantes. Aínda que a pirámide perdurou durante séculos, a pintura e o xeso que xa non son visibles.

Pensouse que na pirámide se veneraba unha deidade dentro da sociedade teotihuacana. Non obstante, hai poucas evidencias que avale esta hipótese.

Dimensión, localización e orientación[editar | editar a fonte]

Modelo da pirámide
Magnitude Valor
Altura 71.17 m
Perímetro da base 794.79 m
Lado 223.48 m
Ángulo de inclinación 32.494 graos
Superficie lateral 59213.68 m2 (asumindo unha base cadrada e caras suaves)
Volume 1 184 828.31 m3 (asumindo unha base cadrada e caras suaves)

A pirámide construíuse nun lugar coidadosamente seleccionado, desde onde era posible aliñala tanto co destacado Cerro Gordo ao norte como, en direccións perpendiculares, ao amencer e á posta do sol en datas determinadas, rexistradas por varias orientacións arquitectónicas en Mesoamérica.[6] Toda a parte central da rede urbana de Teotihuacán, incluída a Avenida dos Mortos, reproduce a orientación da pirámide do Sol, mentres que a parte sur presenta unha orientación lixeiramente diferente, ditada pola Cidadela.[7]

A pirámide construíuse sobre un túnel artificial que conducía a unha "cova" situada seis metros baixo o centro da estrutura. Orixinalmente críase que era un tubo de lava formado naturalmente e interpretábase como posiblemente o lugar de Chicomoztoc, o lugar de orixe humana segundo as lendas de Nahua. Escavacións máis recentes suxeriron que o espazo era artificial e puido servir de tumba real. Recentemente os científicos empregaron detectores de muóns para tratar de atopar outras cámaras no interior da pirámide.[8]

Obxectos recuperados[editar | editar a fonte]

Só se atoparon algúns restos de artefactos na pirámide e arredor dela. Descubríronse puntas de frecha de obsidiana e figuriñas humanas dentro da pirámide e atopáronse obxectos similares nas próximas Pirámide da Lúa e Pirámide da Serpe Emplumada na Cidadela. Estes obxectos poden representar vítimas de sacrificio. Un artefacto histórico único descuberto preto do pé da pirámide a finais do século XIX foi o Ocelote de Teotihuacán, que está na colección do Museo Británico.[9] Ademais, atopáronse lugares de enterramento de nenos en escavacións nas esquinas da pirámide. Crese que estes enterramentos formaban parte dun ritual de sacrificio dedicado á construción da pirámide.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teotihuacan: Pyramids of the Sun and the Moon, Heilbrunn Timeline of Art History, The Metropolitan Museum of Art, consultado o 29 de outubro de 2016
  2. "Teotihuacán." Early Civilizations in the Americas Reference Library. Ed. Sonia G. Benson, Sarah Hermsen, and Deborah J. Baker. Vol. 2: Almanac, Vol. 2. Detroit: UXL, 2005. 315–332. Student Resources in Context. Web. 14 Dec. 2014.
  3. Batres, Leopoldo. "El “descubrimiento” de la Pirámide del Sol" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  4. "Teotihuacán." Britannica School. Encyclopædia Britannica, Inc., 2014. Web. 9 Dec. 2014.
  5. Aston, Michael; Taylor, Tim (1998). Atlas of Archaeology. Dorling Kindersley. p. 43. ISBN 978-0-7894-3189-9. 
  6. Šprajc, Ivan (2000). "Astronomical alignments at Teotihuacan, Mexico". Latin American Antiquity 11 (4): 403–415. JSTOR 972004. doi:10.2307/972004. 
  7. Šprajc, Ivan (2001). Orientaciones astronómicas en la arquitectura prehispánica del centro de México. Cidade de México: Instituto Nacional de Antropología e Historia. ISBN 970-18-4180-8. 
  8. Menchaca-Rocha, A.; et al. (2013). "Search for cavities in the Teotihuacan Pyramid of the Sun using cosmic muons: preliminary results". Proceedings of Science. X LASNP 012. 
  9. "British Museum Highlights". Arquivado dende o orixinal o 2015-10-18. Consultado o 2017-06-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Evans, Susan Toby (2004). Ancient Mexico and Central America. 
  • Gwin, Peter (febreiro de 2005). "Seeing Through Walls". National Geographic. 
  • Šprajc, Ivan (2000). "Astronomical Alignments at Teotihuacan, Mexico". Latin American Antiquity 11 (4). pp. 403–415. 
  • Sugiyama, Saburo (2005). "Governance and Polity at Classic Teotihuacan". Mesoamerican Archaeology. 
  • Leibsohn, Dana, e Barbara E. Mundy, “Making Sense of the Pre-Columbian,” Vistas: Visual Culture in Spanish America, 1520–1820 (2015). http://www.fordham.edu/vistas