Thor Able
Thor Able foi unha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os foguetes Thor Able usaban unha primeira etapa baseada no mísil Thor xunto cunha segunda e terceira etapas formadas polo foguete Able (derivada do Vanguard) en diferentes configuracións. Foron usados un total de 16 entre 1958 e 1960, con catro fallos comletos e dous parciais. Tódolos lanzamentos se fixeron desde Cabo Cañaveral. Os foguetes foron manexados inicialmente pola Forza Aérea para máis tarde ser xestionados pola NASA.[1][2]
Versións
[editar | editar a fonte]Thor Able
[editar | editar a fonte]Thor Able a secas ou Thor-DM-18 Able foi a primeira versión dos foguetes Thor Able. Usaba unha primeira etapa Thor xunto cunha segunda e terceira etapas combinadas Able / AJ10-40. Os lanzamentos desta versión estaba deseñados para probar a cofia e levaban un rato cada un. O primeiro lanzamento fallou debido á explosión do foguete, mentres que os dous seguintes tiveron éxito, aínda que ningún dos ratos foi recuperado.[1][2]
Thor Able I
[editar | editar a fonte]O Thor Able I usaba unha última etapa Altair e podía lanzar cargas de ata 50 kg. Lanzáronse tres con dous fallos completos ao estoupar os foguetes e un fallo parcial ao non producir a terceira etapa suficiente pulo.[2][3]
Thor Able II
[editar | editar a fonte]O Thor Able II usaba unha etapa Able II sen etapas adicionais. Lanzáronse seis, unha cun fallo parcial.[2][4]
Thor Able II M1
[editar | editar a fonte]O Thor Able II M1 usaba unha etapa Able II e unha última etapa Altair. Lanzáronse dous, con un fallo.[2][5]
Thor Able III
[editar | editar a fonte]O Thor Able III usaba unha etapa Able III e unha última etapa Altair. Lanzáronse só un modelo deste foguete, con éxito.[2][6]
Thor Able IV
[editar | editar a fonte]O Thor Able III usaba unha etapa Able IV e unha última etapa Altair. Lanzouse un, con éxito.[2][7]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][3][4][5][6][6][2] | Data de lanzamento[1][3][4][5][6][6][2] | Foguete lanzador[1][3][4][5][6][6][2] | Notas[1][3][4][5][6][6][2] |
---|---|---|---|
ARTV 1 | 24 de abril de 1958 | Thor Able | Fallo |
ARTV 2 | 10 de xullo de 1958 | Thor Able | Éxito |
ARTV 3 | 23 de xullo de 1958 | Thor Able | Éxito |
Pioneer | 17 de agosto de 1958 | Thor Able 1 | Fallo |
Pioneer 1 | 11 de outubro de 1958 | Thor Able 1 | Fallo parcial |
Pioneer 2 | 8 de novembro de 1958 | Thor Able 1 | Fallo |
PGRTV 1 | 23 de xaneiro de 1959 | Thor Able 2 | Fallo parcial |
PGRTV 2 | 28 de febreiro de 1959 | Thor Able 2 | Éxito |
PGRTV 3 | 21 de marzo de 1959 | Thor Able 2 | Éxito |
PGRTV 4 | 8 de abril de 1959 | Thor Able 2 | Éxito |
PGRTV 5 | 20 de maio de 1959 | Thor Able 2 | Éxito |
PGRTV 6 | 11 de xuño de 1959 | Thor Able 2 | Éxito |
Explorer 6 | 7 de agosto de 1959 | Thor Able 3 | Éxito |
Transit 1A | 17 de setembro de 1959 | Thor Able 2 M1 | Fallo |
Pioneer 5 | 11 de marzo de 1960 | Thor Able 4 | Éxito |
TIROS 1 | 1 de abril de 1960 | Thor Able 2 M1 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "Thor Able" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Thor Able" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2022). "Thor Able I" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2022). "Thor Able II" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2022). "Thor Able II M1" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2022). "Thor Able III" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ Mark Wade (2022). "Thor Able IV" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thor Able |