Pioneer 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pioneer 2 / Able 3
Pioneer 2
TipoCientífico
OrganizaciónNASA, USAF
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento8 de novembro de 1958, 7:30 GMT[2]
Foguete portadorThor-Able[1][3]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral[1][4]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[1][4]
Decaemento8 de novembro de 1958[1]
NSSDC IDPION2
Masa39,5 kg[3]
Dimensións76 cm de altura, 74 cm de diámetro
BateríasNíquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas.[1]

Pioneer 2, denominada tamén como Able 3, foi unha sonda espacial que se intentou lanzar cara a Lúa por parte dos Estados Unidos de América.[1][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Pioneer 2 foi lanzada o 8 de novembro de 1958 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa, pero a terceira fase do foguete non chegou a acenderse e a sonda acadou unha altura máxima de 1550 km antes de volver a caer á Terra e desintegrarse na atmosfera.[1][3][4]

A orixe da Pioneer 2, xunto coas súas irmás Pioneer 0 e Pioneer 1, está na aprobación en 1958 por parte dos Estados Unidos do primeiro plan para exploración lunar que deu lugar a cinco proxectos da Advanced Research Project Agency: tres xestionados pola USAF e dous polo Exército. O proxecto das Pioner luares foi transferido á NASA moi pouco despois da creación da axencia aeroespacial e a Pioneer 2 foi lanzada cara a Lúa tan só uns días despois da súa fundación.[1][3][4]

A misión orixinal de Pioneer 2 era facer unha viaxe ata a Lúa e unha vez alí frear e entrar en órbita para facer medicións científicas, pero debido a que a terceira etapa do foguete portador non se acendeu acadou tan só 1550 km de altura antes de volver a caer á Terra aos 45 minutos do lanzamento. Durante o curto voo os instrumentos de a bordo realizaron algunhas medicións conseguindo facer un pouco de ciencia útil, descubrindo que na zona ecuatorial da Terra o fluxo de radiación era maior do previamente calculado e que a densidade de micrometeoritos na zona próxima á Terra e maior que no espazo máis afastado.[1][3][4]

Nave espacial[editar | editar a fonte]

A estrutura da nave, de fibra de vidro, tiña forma de dous conos truncados unidos pola base mediante un cilindro baixo, cun conxunto de oito pequenos foguetes e unha antena dipolo nun dos extremos e un foguete de 13,3 kN de pulo no outro extremo, baseado no mísil aire-aire Falcon. Este último foguete tiña como misión frear a sonda ao seu paso pola Lúa para entrar na súa órbita. A nave tiña pintado un patrón de bandas brancas e escuras para como control térmico pasivo e a alimentación eléctrica era proporcionada por un conxunto de baterías de níquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas. As transmisións terían lugar na frecuencia de 108,06 MHz para telemetría e medicións Doppler e a recepción de ordes desde a Terra faríase na frecuencia de 115 MHz. A nave estabilizaríase mediante xiro a 1,8 revolucións por segundo. En total, a sonda tiña unha altura de 76 cm, un diámetro de 72,5 cm e un peso de 39,5 kg.[1][3][4]

Instrumentos científicos[editar | editar a fonte]

A nave contaba coa seguinte instrumentación científica, totalizando 15,6 kg de masa:[1][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  2. Claude Lafleur (2010). "Able 3 / Pioneer 2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 0, 1, 2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Mark Wade (2011). "Pioneer 0-1-2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]