Pioneer 0

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pioneer 0 / Able 1 / Thor Able 1
Pioneer (Able).jpg
Pioneer 0
TipoCientífico
OrganizaciónUSAF
Destino actualDestruído no lanzamento.[1]
Data de lanzamento17 de agosto de 1958, 12:18 GMT[2]
Foguete portadorThor-Able[1][3]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral[1][4]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[1][4]
NSSDC IDABLE1
Masa38,1 kg[3]
Dimensións76 cm de altura, 72,5 cm de diámetro
BateríasNíquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas.[1]

Pioneer 0, denominada tamén como Able 1 e Thor Able 1, foi a denominación informal do primeiro intento de lanzar unha sonda espacial á Lúa por parte dos Estados Unidos de América.[1][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Pioneer 0 foi lanzada o 17 de agosto de 1958 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa, pero a primeira fase do foguete (o Thor número 127) estoupou no aire aos 77 segundos da engalaxe, a 16 km de altura e 16 km de distancia da rampla de lanzamento.[1][3][4]

A orixe da Pioneer 0, xunto coas súas irmás posteriores Pioneer 1 e Pioneer 2, está na aprobación en 1958 por parte dos Estados Unidos do primeiro plan para exploración luar que deu lugar a cinco proxectos da Advanced Research Project Agency: tres xestionados pola USAF e dous polo Exército.[1][3][4]

A misión orixinal de Pioneer 0 era facer unha viaxe de 2,6 días de duración ata a Lúa e unha vez alí frear e entrar en órbita para facer medicións científicas durante polo menos un par de semanas.[1][3][4]

Nave espacial[editar | editar a fonte]

A estrutura da nave, de fibra de vidro, tiña forma de dous conos truncados unidos pola base mediante un cilindro baixo, cun conxunto de oito pequenos foguetes e unha antena dipolo nun dos extremos e un foguete de 13,3 kN de pulo no outro extremo, baseado no mísil aire-aire Falcon. Este último foguete tiña como misión frear a sonda ao seu paso pola Lúa para entrar na súa órbita. A nave tiña pintado un patrón de bandas brancas e escuras para como control térmico pasivo e a alimentación eléctrica era proporcionada por un conxunto de baterías de níquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas. As transmisións terían lugar na frecuencia de 108,06 MHz para telemetría e medicións Doppler e a recepción de ordes desde a Terra faríase na frecuencia de 115 MHz. A nave estabilizaríase mediante xiro a 1,8 revolucións por segundo. En total, a sonda tiña unha altura de 76 cm, un diámetro de 72,5 cm e un peso de 38,1 kg.[1][3][4]

Instrumentos científicos[editar | editar a fonte]

A nave contaba coa seguinte instrumentación científica, totalizando 11,3 kg de masa:[1][3][4]

Causas do fallo do lanzamento[editar | editar a fonte]

A investigación do estoupido do foguete Thor levou á conclusión de que a súa orixe estivo probablemente na ruptura dun cano de osíxeno ou de combustible do foguete ou á avaría nalgunha das partes da turbobomba. Ata despois de 123 segundos da explosión seguíronse recibindo sinais de telemetría do satélite e da etapa superior, mentres os restos caían cara o océano Atlántico.[1][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 0" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  2. Claude Lafleur (2010). "Able 1 / "Pioneer 0"" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 0, 1, 2" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Mark Wade (2011). "Pioneer 0-1-2" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]