Pioneer 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pioneer 4
Pioneer-3-4.gif
Pioneer 4
TipoCientífico
FabricanteJet Propulsion Laboratory
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica.[1]
Data de lanzamento3 de marzo de 1959, 5:10 GMT[1][2][2][3][4]
Foguete portadorJuno II[2][5]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-5[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do espazo entre a Terra e a Lúa.[2][6]
NSSDC ID1959-013A
Masa6,1 kg[5]

Pioneer 4 foi unha misión espacial lanzada o 3 de marzo de 1959 mediante un foguete Juno II desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo entre a Terra e a Lúa e achegarse a esta última antes de entrar nunha órbita heliocéntrica.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Pioneer 4 tivo a súa orixe nas previamente fracasadas misións Pioneer 0, Pioneer 1 e Pioneer 2. Uns meses antes lanzárase a Pioneer 3, que debido a unha potencia insuficiente do foguete portador reentrou na atmosfera terrestre unhas horas despois do lanzamento. Pioneer 4 foi lanzada con éxito e convertiuse na primeira nave estadounidense en escapar da gravedade terrestre e entrar en órbita heliocéntrica.[2][5][6]

Nave[editar | editar a fonte]

Pioneer 4 estabilizábase mediante xiro e tiña forma de cono, con 51 cm de altura e 23 cm de diámetro, composto dunha cuberta de fibra de vidro recuberta dun baño de ouro para facelo electricamente conductor e pintado con bandas brancas e negras para manter a temperatura da nave a entre 10 e 50 °C. Na parte superior do cono sobresaía unha pequena antena. Na base situábanse varias baterías de mercurio para proporcionar enerxía durante a misión, xa que a nave non usaba paneis solares. Do centro da base sobresaía un sensor fotoeléctrico que debía ser disparado pola luz da Lúa cando Pioneer 3 pasase a menos de 30.000 da súa superficie. No interior do cono aloxábanse un tubo xerador de voltaxe e dous contadores Geiger-Mueller para detectar radiación, os únicos instrumentos que Pioneer 3 levaba a bordo. As comunicacións terían lugar grazas a un transmisor de 0,5 kg que proporcionaba un sinal de 0,1 vatios de potencia a unha frecuencia de 960,05 MHz. Un mecanismo de freada consistente en dous pesos de 7 gramos que saían da nave colgados de sendos cables de 150 cm de lonxitude baixou a rotación de Pioneer 4 das 30 r.p.m. orixinais a 6 r.p.m. dez horas despois do lanzamento.[2][5][6]

Perfil da misión[editar | editar a fonte]

Pioneer 4 foi lanzada o 3 de marzo de 1959 desde Cabo Cañaveral nunha traxectoria que a levou a pasar a uns 60.000 km da superficie luar o 4 de marzo ás 22:25 GMT e a unha velocidade de 7230 km/h, enviando datos da radiación ó longo da traxectoria e servindo para adquirir experiencia no seguimento de naves a grandes distancias. A distancia á que pasou da Lúa foi demasiada como para disparar o sensor fotoeléctrico. A nave foi seguida durante 82 horas ata unha distancia de 655.000 km. Chegou ao perihelio o 18 de marzo ás 1:00 GMT e segue en órbita solar.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 4" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF) (62-04423). 7 de marzo de 1962: 3. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Pioneer 4" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 3, 4" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Pioneer 3-4" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]