Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ARPA")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ARPA
Logo ARPA.png
Autobusfiatarpa.jpg
TipoSociedade anónima
Fundación1978
LocalizaciónChieti, Italia Flag of Italy.svg
IndustriaTransporte
Páxina webhttp://www.arpaonline.it

ARPA, acrónimo de Autolinee Regionali Pubbliche Abruzzesi (Liñas Rexionais Públicas de Abruzzo, en italiano) é unha sociedade anónima italiana de transporte de pasaxeiros con sede legal en Chieti. Xestiona o transporte público periurbano e interurbano da rexión de Abruzzo.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1978 até 65 empresas de transporte, públicas e privadas, levaban aproximadamente 300 autobuses por gran parte da rexión italiana de Abruzzo. No contexto dunha reorganización xeral do transporte público local, estas foron absorbidas para a constitución de ARPA o 1 de xuño de 1978. Malia a nova ordenación, os resultados non foron operativos até comezos de 1979.

O inicio para a unificación do operador partiu da Lei Rexional de Abruzzo nº 52/78, seguindo ao que ocorrera no Lazio en 1976, cando se creou a COTRAL.

Sedes[editar | editar a fonte]

As sedes operativas atópanse, ademais de Avezzano, Sulmona e Giulianova, nas catro capitais de provincia: L'Aquila, Pescara, Téramo e Chieti, onde está situada tamén a sede legal da empresa.

Servizos[editar | editar a fonte]

Estación de Pescara Centrale

ARPA actualmente xestiona:

  • Liñas de carácter periurbanas en concesión rexional
  • Liñas extraurbanas rexionais
  • Liñas extraurbanas estatais
  • Actividades de alugueiro de autocares

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]