Piollo da lingua
Cymothoa exigua | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Cymothoa exigua' (Schiødte & Meinert, 1884) |
O piollo da lingua ou papulo da lingua[1] (Cymothoa exigua) é un crustáceo isópodo da familia dos cimotoídeos (Cymothoidae). Trátase dun parasito que se adhire á lingua do peixe hóspede mediante os seus tres pares de patas dianteiras, e bebe da arteria que fornece de sangue este órgano. Co tempo, a lingua atrófiase e desintégrase, e o crustáceo substitúe a función do órgano co seu propio corpo e controla desde aí a tensión sanguínea do sistema circulatorio do anfitrión.[2] O peixe pode utilizar o parasito coma se fose unha lingua normal, e non recibe maior dano, pois Cymothoa exigua nútrese das mucosas do peixe.[3] Non parece mostrar especial interese na comida que este inxire.
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa distribución está bastante estendida. Pódese atopar desde o Golfo de California cara ao sur até o norte do Golfo de Guayaquil en Ecuador. Este isópodo é común como parasito de 7 especies da orde Perciformes: tres lutiánidos, un hemúlido e tres de esciénidos; e unha especie de orde Atheriniformes da familia Atherinidae. Tamén se atoparon en peixes por Costa Rica como o Lutjanus colorado e o Lutjanus jordani.[4]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcense sexualmente pero na actualidade non se sabe moito acerca da súa vida reprodutora. A medida que maduran, convértense en femias; o apareamento probablemente ocorre nas branquias. Se non hai presente unha femia, senón só dous machos, un deles pode converterse nunha femia despois de medrar até os 10 mm de lonxitude. A femia ábrese camiño cara á boca do peixe, onde utiliza as súas garras dianteiras para adherirse á lingua do peixe. É probable que os neonatos primeiro se adhiran ás branquias dun peixe e logo se convertan en machos. Trátase do único parasito coñecido que substitúe con éxito un órgano do seu hospedador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ El "come-lenguas" - Muy Interesante
- ↑ "Cymothoa exigua" (en inglés). 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ Ernest H. Williams, Jr. & Lucy Bunkley-Williams (2003). "New records of fish-parasitic isopods (Cymothoidae) in the Eastern Pacific (Galapagos and Costa Rica)" (PDF) (62): 21–23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piollo da lingua |