Lithognathus mormyrus
Lithognathus mormyrus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Lithognathus mormyrus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Lithognathus mormyrus é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes que pertence á familia dos espáridos.[1] Distribúese desde o Cantábrico ao Mar Negro e Mar de Azov até Suráfrica. Tamén se atopa no Índico e o Mar Vermello.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]
Atópase en Albania, Alxeria, Angola, Benín, Bosnia e Hercegovina, Camerún; Cabo Verde; República do Congo; República Democrática do Congo, Costa do Marfil; Croacia; Chipre; Exipto; Guinea Ecuatorial; Eritrea; Francia; Gabón; Gambia; Ghana; Xibraltar; Grecia; Guinea; Guinea-Bissau; Israel; Italia; Líbano; Liberia; Libia; Malta; Mauritania; Mónaco; Montenegro; Marrocos; Mozambique; Namibia; Nixeria; Omán; Portugal; San Tomé e Príncipe; Arabia Saudita; Senegal; Serra Leoa; Eslovenia; Suráfrica; España; Sudán; Siria; Togo; Tunisia; Turquía; Sáhara Occidental; Iemen.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten 50 cm de lonxitude e presenta un corpo ovalado, alto e comprimido. A súa boca encóntrase na parte inferior da súa cabeza, e o seu fociño é alongado. Ao igual que outras especies da súa familia é hermafrodita.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Localízase en fondos areosos ou lixeiramente fangosos a menos de 50 m; adoita entrar nos estuarios. A súa alimentación baséase en moluscos, crustáceos, vermes, etc. Reprodúcese en primavera e verán.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Russell, B., Carpenter, K.E., Pollard, D., Mann, B.Q. & Buxton, C.D. (2014) Lithognathus mormyrus; The IUCN Red List of Threatened Species, versión 2014.3. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Lithognathus mormyrus (Linnaeus, 1758) asturnatura.com (en castelán)