Hemúlidos
Aparencia
| Hemúlidos | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Haemulidae Theodore Nicholas Gill 1885 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Sinónimo taxonómico
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Sinonimia
Pomadasyidae | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Actinopterygii | ||||||||||
| Subclase | Neopterygii | ||||||||||
| Infraclase | Teleostei | ||||||||||
| Superorde | Acanthopterygii | ||||||||||
| Orde | Perciformes | ||||||||||
| Suborde | Percoidei | ||||||||||
| Familia | Haemulidae | ||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Os Hemúlidos (Haemulidae) son unha familia de peixes principalmente mariños, incluída na orde dos Perciformes. Algunhas especies entran en estuarios e rara vez viven en auga doce. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Anteriormente, a familia designábase como Pomadasyidae.
Características
[editar | editar a fonte]É característica a boca pequena, con labios grosos, con dentes na mandíbula pero, normalmente, non no vómer; con 2-6 poros amplos na barbilla ás veces seguidos dun suco. Algunhas especies poden chegar a alcanzar ata 60 cm de lonxitude.
Teñen unha aleta dorsal continua, con 9 a 14 espiñas e 11 a 26 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 6-18 radios brandos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Comprenden 19 xéneros e arredor de 150 especies:
|
|
|
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Plectorhinchus orientalis
-
Diagramma pictum
-
Haemulon flavolineatum
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hemúlidos |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hemúlidos |