Saltar ao contido

Lutiánidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lutiánidos
Lutjanidae
Theodore Nicholas Gill 1861 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
   snappere (nb)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeLutjaniformes
FamiliaLutjanidae Editar o valor en Wikidata
Gill, 1861 Lutjanidae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02bfr7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780820263 Editar o valor en Wikidata
ITIS168845 Editar o valor en Wikidata
OTT129124 Editar o valor en Wikidata
CoLC8X Editar o valor en Wikidata
EOL5294 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os lutiánidos ( Lutjanidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características

[editar | editar a fonte]

Aleta dorsal continua, con 10-12 espiñas e 10-17 raios brandos; anal con tres espiñas e 10-17 raios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 raios brandos, inseridas á altura das pectorais.

Boca terminal, de tamaño moderado a grande, algo protráctil. Dous orificios olfactivos a cada lado. Preopérculo normalmente aserrado.

Poden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m.

A maioría das especies son depredadores de crustáceos e peixes, aínda que tamén as hai planctívoras.

Lutjanus aratus

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Lutjanus argentimaculatus

A familia divídese en catro subfamilias con 17 xéneros e 103 especies:

  • Subfamilia Apsilinae
    • Xénero Apsilus (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1830)
    • Xénero Lipocheilus (Anderson, Talwar e Johnson, 1977)
    • Xénero Paracaesio (Bleeker, 1875)
    • Xénero Parapristipomoides (Kami, 1973)
  • Subfamilia Etelinae
    • Xénero Aphareus (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1830)
    • Xénero Aprion (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1830)
    • Xénero Etelis (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1828)
    • Xénero Pristipomoides (Bleeker, 1852)
    • Xénero Randallichthys (Anderson, Kami e Johnson, 1977)
  • Subfamilia Lutjaninae
    • Xénero Hoplopagrus (Gill, 1861)
    • Xénero Lutjanus (Bloch, 1790)
    • Xénero Macolor (Bleeker, 1860)
    • Xénero Ocyurus (Gill, 1862)
    • Xénero Pinjalo (Bleeker, 1873)
    • Xénero Rhomboplites (Gill, 1862)
  • Subfamilia Paradichthyinae
    • Xénero Symphorichthys (Munro, 1967)
    • Xénero Symphorus (Günther, 1872)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]