Pilar de Lara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Cartaxena, España |
Actividade | |
Ocupación | xuíza |
Pilar de Lara Cifuentes, nada en Cartaxena[1] en 1971, é unha xuíza española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito, exerceu como xuíza en Mieres dende 1999 e ascendeu a maxistrada con destino na cidade de Lugo (2007), onde se fixo cargo do Xulgado de Instrución número 1.
Como responsable deste xulgado instruíu a Operación Carioca, onde implicou a 80 persoas nunha rede de prostitución, entre elas varios integrantes da Garda Civil e da policía nacional. Tamén se encargou de instruír a Operación Pokémon, un caso derivado da operación Carioca, e que tivo como consecuencia a detención de varios cargos políticos por suborno e prevaricación, entre eles o alcalde de Ourense,[2] Francisco Rodríguez Fernández e o de Boqueixón Adolfo Gacio.
Tamén levou a causa denominada "do Garañón" sobre presunta corrupción urbanística en Lugo na que chegou a imputar ao, daquela, alcalde, Xosé Clemente López Orozco e ao concelleiro de urbanismo, Xosé Ramón Gómez Besteiro. O caso, finalmente, foi arquivado.[3]
O 30 de xaneiro do 2020 cesou no xulgado nº 1 de Lugo por mor dunha sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, na que foi condenada a sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo[4] e perda do destino por unha falta moi grave por desatención do seu xulgado.[5] Como consecuencia diso, o 22 de decembro do mesmo ano fíxose cargo do xulgado nº8 de Ponferrada.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La juez María del Pilar de Lara deja Mieres tras lograr el ascenso a magistrada Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Nueva España, 16/3/2007.
- ↑ "PILAR DE LARA". confilegal.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021.
- ↑ Jiménez, José Luis (3 de febreiro de 2021). "Archivado el «caso Garañón», por el que Pilar de Lara imputaba al exlíder del PSdeG Gómez Besteiro". abc.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021.
- ↑ R., S. (27 de outubro de 2021). "Pilar de Lara, “satisfecha” con su nuevo destino en Ponferrada". elpais.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Varela, suso (7 de febreiro de 2021). "Pilar de Lara pasa desapercibida lejos de Lugo en su nuevo destino en los juzgados de Ponferrada". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021.