Pietà
A Pietà, ou Virxe de Piedade, é un tema artístico da iconografía cristiá que representa á Virxe María en Mater Dolorosa , nai que chora o seu fillo que ten sobre os seus xeonllos, neste caso Cristo baixado morto da cruz antes da súa posta na tumba, acontecemento antes da súa Resurrección, precedendo a Ascensión. A escena da Deposición de Cristo trata de xeito máis amplo de todos personaxes que estaban ao pé da cruz por demais do Cristo e da súa Nai.
Historia[editar | editar a fonte]
Este tema cristián de sufrimento e de morte é o primeiro expresado despois dos episodios da Paixón de Cristo, antes da súa Resurrección. Está vixente entre os anos 1350 e 1500 (dos séculos XIV e XV) moi marcados por graves períodos de epidemias e pandemias de peste negra.
Completa outros temas de Virxe, ou «Virxe co Neno», tradicionalmente inscritos na infancia de Xesús.
Estritamente o tema non debe implicar, na súa representación, máis que dous dos personaxes da cronoloxía da vida do Cristo: el mesmo morto e María a súa nai aflixida. Como en moitas outras representacións sagradas, outros personaxes (santos, o doador ou o socio comanditario) poden asistir de xeito anacrónico á escena como se pode ver tamén nas Conversacións sagradas (Sacra Conversazione), outro tema da iconografía cristiá xurdido no Renacemento.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Deposición de Cristo, pintura manierista de Agnolo Bronzino cara 1540.
Pietà, pintura de Nicolas Poussin, cara 1626.
Pietà, vidreira dunha igrexa de Greifenburg (Austria).
Pietà na Semana Santa en Cartaxena (España).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pietà ![]() |