Pierre Malotaux
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1923 ![]() Delft, Países Baixos ![]() |
Morte | 14 de febreiro de 2016 ![]() |
Educación | Universidade Técnica de Delft ![]() |
Actividade | |
Ocupación | organizational theorist (en) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Doutorando | Wim Monhemius (en) ![]() ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Robert N.M.A. Malotaux ![]() |
Premios | |
Pierre Charles-André Malotaux, nado o 28 de abril de 1923 na cidade surholandesa de Delft e finado o 14 de febreiro de 2016 en De Bilt, na provincia de Utrecht, foi un teórico da administración e da organización neerlandés, asesor empresarial e profesor de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft.
Malotaux é coñecido por desenvolver, xunto co seu colega da TU Delft o enxeñeiro aeroespacial Jan in 't Veld, unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, chamada Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e educación
[editar | editar a fonte]Malotaux é fillo de Robert Nicolas Marc August Malotaux (1898-1984) e Alice Cesarine Michiels (1897-1975), con antecedentes pola vía paterna na vila de Valenciennes, na rexión gala da Alta Francia.
Acabou os seus estudos secundarios en 1940 e ese mesmo ano, comezou os seus estudos de Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde, coa interrupción motivada pola segunda guerra mundial, non chegou a acadar a súa graduación ata 1951.
Madureza e carreira profesional
[editar | editar a fonte]Logo da súa graduación, comezou a traballar no departamento psicotécnico da empresa de produción de aceiro Koninklijke Hoogovensen. Desde 1953 a 1959 foi asesor nunha axencia de consultoría de negocios e en 1959 estableceuse como asesor empresarial independente e participou no grupo de traballo sobre administración de empresas no Koninklijk Instituut van Ingenieurs ("Real Instituto de Enxeñeiros").[2]
En 1968 tomou posesión como o sexto profesor titular de Administración de Empresas na Universidade de Tecnoloxía de Delft, logo da creación desa materia en 1909. No entanto, non foi el só quen sucedeu o seu antecesor no posto, Jacob Louis Mey, senón que xunto a Malotaux constituíuse un equipo con outros dous profesores: o enxeñeiro Jan in 't Veld e o matemático Henk Lombaers. Dentro do departamento, Malotaux pasou a centrarse nos aspectos xerais de teoría empresarial, In 't Veld na organización industrial e Lombaerts na investigación operativa.[3]
En cooperación con Jan in 't Veld e outros moitos enxeñeiros e científicos sociais, Malotaux desenvolveu unha teoría de sistemas específica para problemas organizativos, que se deu en chamar Delft Systems Approach ("Teoría de Sistemas de Delft").[4] Na década de 1980, Malotaux foi un impulsor dunha rede nacional de confiabilidade, xestión do mantemento e empresa de tecnoloxía do mantemento.[5] En 1994 foi sucedido por Jan Willem Koolhaas no equipo da TU Delft, quen ocupou o seu posto ata 1998.[6]
En 2004 Malotaux recibiu unha condecoración real nos Países Baixos ao recibir o título de cabaleiro da Orde de Orange-Nassau.[7] No mesmo ano, xunto con Jan in 't Veld, foi nomeado honorable membro do Real Instituto de Enxeñeiros (Koninklijk Instituut van Ingenieurs - KIVI).
Malotaux dirixiu as teses de doutoramento dos investigadores Jan Willem Koolhaas (1980), Eduard Rudolf Muhring (1987), Willem Gerrit Monhemius (1990) e Riek Boswijk (1992).
Publicacións salientables
[editar | editar a fonte]- Malotaux, P.; Van der Gon, J. Methode voor kwalitatief grenslaagonderzoek met behulp van gloeidraden zonder beinvloeding der stroming. Technische Hogeschool Delft, Aircraft Engineering. Report VTH-45, 1951 (en neerlandés)
- Malotaux, P. Subjectiveren en objectiveren. Conferencia sobre "o pensamento como proceso". Technische Hogeschool Delft, 1968 (en neerlandés)
- Malotaux, P.; Lombaers, H.; In 't Veld, J. Trio-logie: Variaties sobre een thema uit de bedrijfsleer, 1969 (en neerlandés)
- Malotaux, P.; Verbug, P.; Halbertsma, K.; Boers, J. (ed.). Organisatiewetenschap en praktijk. Leiden. Stenfert Kroese, 1976 (en neerlandés)
- Malotaux, P.; Doorman, J.; In 't Veld, J. Inleiding Methodologie: cursus 1977/78. Technische Hogeschool Delft, 1977 (en neerlandés)
- Adriaanse, D.; Maas, P; Malotaux, P. Een psychiatrische behandeleenheid in ontwikkeling: het procesbeschrijvingsmodel en praktijk: Delft. Delftse Universitaire Pers, 1980 (en neerlandés)
- Malotaux, P. Een tussenbalans. TU Delft, 1994 (en neerlandés)
- Malotaux, P.; Boswijk, H.; Van der Heide, H. Sturen De drijven?. Alphen aan den Rijn. Samsom BedrijfsInformatie, 1995 (en neerlandés)
- Malotaux, P.; Schaafsma, A.; Van der Touw, A. Besturend vermogen: organisatie in verval en herstel. Stichting Maatschappij en Onderneming, 1998 (en neerlandés)
- Ten Haaf, W.; Bikker, H.; Adriaanse, J (con contribucións de In 't Veld, J. e Malotaux, P.). Fundamentals of business engineering and management: a systems approach to people and organisations Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Delft. DUP Science, 2002 (en inglés)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Veeke, H.; Ottjes, J. The Delft Systems Approach: Analysis and Design of Industrial Systems. Springer, 2008. Páxina viii [ISBN 978-1848001763] (en inglés)
- ↑ Malotaux, P.; Schaafsma, A.; Van der Touw, A. (1998). Páxina 147.
- ↑ Malotaux, P.; Lombaers, H.; In 't Veld, J. (1969).
- ↑ Dekkers, R. (R)Evolution: Organizations and the Dynamics of the Environment. [ISBN 978-0387261256] Springer, 2005. Páxinas 429-434 (en inglés)
- ↑ Kooijman, D.; Swets, H.; Priemus, H. Programmering onderzoek technisch beheer vastgoed. Delftse Universitaire Pers, 1990. Páxina 34. [ISBN 90-6275-639-5] (en neerlandés)
- ↑ Jongeneel, Ch. "Koolhaas begint een hotel". En Delta, 17-12-1998 (en neerlandés)
- ↑ "Lintjesregen daalt neer: een overzicht. Ridder in de Orde van Oranje-Nassau". En RTV Utrecht. 29 de abril de 2004 (en neerlandés)