Picasa
Picasa é un programa informático para organizar e editar fotografías dixitais, orixinalmente creado por Idealab e hoxe en día propiedade de Google, que o distribúe gratuitamente.
Nome e logotipo
[editar | editar a fonte]A orixe do nome do programa é un xogo de palabras entre o apelido do pintor malagueño Pablo Picasso, a frase en castelán "mi casa" e a palabra inglesa pic, de picture (debuxo).
A icona e o logotipo teñen a forma dun pentágono formado pola abertura dunha lente fotográfica.
Historia
[editar | editar a fonte]En xullo do 2004, Google adquiriu Picasa e comezou a ofrecela para a súa descarga de balde. Actualmente está dispoñible a terceira versión do popular programa de retoque fotográfico.
Dispoñibilidade
[editar | editar a fonte]O programa funciona en calquera das súas versións en Windows XP, Windows Vista e Linux, mentres que en Windows 98 e Windows ME só funcionan as versións vellas. Os usuarios de Mac dispoñen do plug-in iPhoto, dispoñible para o Mac OS X Tiger en diante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picasa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |