Icona (Informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iconas seleccionadas por un cursor.

Unha icona[1] é, en informática, un pictograma utilizado para representar ficheiros, carpetas, programas, etc. nun sistema operativo gráfico. No uso actual, a icona pode representar calquera cousa que o usuario queira.

En canto á súa aparencia, unha icona informática xeralmente está situada no rango entre 16 por 16 pixeles ata 128 por 128 pixeles. Algúns sistemas operativos ofrecen iconas de ata 512 por 512 pixeles. Os usuarios con problemas de visión teñen, nalgúns sistemas operativos, a opción de axustar parámetros como o tamaño ou o contraste, para mellorar a súa visibilidade.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras iconas foron desenvolvidas nos anos 1970 por Xerox, como unha forma de facer o uso dos computadores máis sinxelo para os usuarios. David Canfield Smith, entón traballador de Xerox, acuñou o termo icon para referirse a este tipo de imaxes. As interfaces con iconas foron popularizadas máis adiante polo sistema operativo Apple Macintosh e copiado por Microsoft Windows.[2]

Formato[editar | editar a fonte]

As iconas poden ser imaxes nun formato clásico (como PNG ou JPEG) ou ficheiros binarios en formato propietario. En Windows, as iconas son ficheiros binarios .ico. En Mac, trátase de ficheiros de tipo .icns. En sistemas operativos basados ​​en UNIX úsanse imaxes simples de tipo PNG, SVG o XPM.

Programas[editar | editar a fonte]

Edición dunha icona usando KIconEdit.

Existen programas para crear e editar iconas para distintos sistemas operativos. Os sistemas que utilizan imaxes simples só necesitan dun editor de imaxes estándar.

Os editores de iconas adoitan ter un editor básico de imaxes para debuxar píxel por píxel utilizando ferramentas simples e filtros. Algúns programas, sobre todo comerciais, presentan características máis avanzadas, xunto co software de edición de imaxes.

Unha función importante destes tipos de programas é a xeración das iconas a partires de imaxes. Algúns dispoñen dunha función de captura para crear unha icona da captura dunha parte da pantalla. Outra característica común é a posibilidade de extracción de iconas dos ficheiros binarios (ficheiro executable .EXE ou biblioteca de software .DLL).

Tamén hai sitios web para facer operacións simples nas iconas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Icona

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]