Saltar ao contido

Phoolan Devi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhoolan Devi
Nome orixinal(hi) फूलन देवी Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata
Jalaun district, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 2001 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Nova Deli, India Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Member of the 13th Lok Sabha (en) Traducir
1999 – 25 de xullo de 2001
Lexislatura: 13th Lok Sabha (en) Traducir

Circunscrición electoral: Mirzapur Lok Sabha constituency (en) Traducir
Member of the 11th Lok Sabha (en) Traducir

Circunscrición electoral: Mirzapur Lok Sabha constituency (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia India
Actividade
Ocupaciónpolítica (1996–), bandoleira (–1983) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSamajwadi Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
ImputaciónBandidaxe e Secuestro Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1513891 BNE: XX1029668 Find a Grave: 23446 Editar o valor en Wikidata

Phoolan Devi ou Phulan Devi, popularmente coñecida como a Raíña dos bandidos, nada o 10 de agosto de 1963 en Gorha Ka Purwa (Uttar Pradesh) e finada en Nova Deli o 25 de xullo de 2001, foi unha ladroa e política india. Era famosa en toda a India durante o seu tempo como bandida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude

[editar | editar a fonte]

Phoolan naceu na casta shudra, nunha familia do clan mallaah (barqueiros), na pequena aldea de Gorha ka Purwa no estado do Uttar Pradesh. Era a segunda filla dunha familia moi pobre de catro meniñas e un meniño. Foi casada con once anos a cambio dun pequeno dote e pasou a unha rutina de malleiras, sendo violentada e forzada a un arduo traballo no campo. Xa adolescente, pasou a ser asediada por mozos dun clan (jati) poderoso na rexión, pertencente á casta (varna) dos guerreiros ou nobres (kshatriya). Para fuxiren da acusación, acúsana de tentar seducilos, facendo que fose expulsada da aldea.

Bandoleirismo

[editar | editar a fonte]

Rexeitada tamén pola familia paterna, é abrigada por un parente próximo até o día en que a súa casa é invadida por un grupo de asaltantes que viñeron raptala. Presa nas montañas, algúns comezan a solidarizarse co seu sufrimento. O líder da banda é morto por un membro do grupo de nome Vikram, que se torna o protector de Phoolan. Ambos asumen a dianteira do grupo e comezan a atacar o comercio e as castas superiores. O imaxinario popular afirma que, nas súas accións, protexen mulleres e nenos e distribúen parte da ganancia. Tal pasaxe é contestada por algúns sectores, que ven na banda un grupo de asaltantes comúns. A súa sorte muda, novamente, co asasinato de Vikram, practicado por dous irmáns do clan Thakur, da casta Kshatriya. Alcanzando o control do grupo, os thakur préndena por tres semanas, período durante o cal foi violentada por todo o clan. A súa fuga ocorre por auxilio dos Mallah (canoeiros).

Phoolan retorna ás montañas. Gañando a protección e liderado do grupo Mallah, comeza a atacar o comercio da rexión. Pola súa acción, tida como violenta e xusta, Phoolan é cada vez máis asimilada pola poboación á deusa Devi, do hinduísmo, que restabelece o dharma a través dunha epifanía terrorífica, na cal dá cabo de exércitos de demos. Os ataques de Phoolan Devi culminan coa morte de 22 kshatriyas do grupo que a aprisionara, escapando só os seus líderes. Nese punto, a cuestión xa deixara de ser soamente criminal para tornarse política. Phoolan conta cun forte apoio popular, imprescindíbel para a reelección do goberno estatal. Por outro lado, o clan rival posúe aliados de entre os altos cargos internos do goberno. Presionado por ambos os lados, o goberno vese obrigado a negociar e non permitir a morte de Phoolan Devi pola policía, mais a buscar a súa rendición. Xa con moitas baixas no seu grupo e sen munición, Phoolan Devi entrega as armas mediante unha serie de exixencias, de entre as cales unha cerimonia convocada especialmente para tal. Son cedidas terras para a súa familia e ela non debería ser condenada á morte. Ela agarda xuízo en reclusión durante once anos, ao final dos cales son retiradas as acusacións e é liberada.

Vida política

[editar | editar a fonte]

En 1996, lánzase ao preito democrático polo Partido Samajwadi (socialista), sendo electa ao Parlamento indio. A súa plataforma política consistiu na defensa dos estratos inferiores da poboación india: os de casta baixa, os sen-casta, mulleres etc.

Tornouse símbolo de loita das clases máis baixas e a súa vida foi tema de polo menos catro libros e un filme.

Repercusión na Galiza

[editar | editar a fonte]

A obra A conquista da escola de Madhubai de Hélène Cixous que toma como base a vida de Phoolan Devi foi traducida ao galego por Puri Cabido e levada ao teatro polo Teatro do Atlántico.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]