Castas (hinduísmo)
No hinduísmo, as castas[1] (en sánscrito "varna", literalmente 'cor', visto como unha cualidade) corresponden na India a unha maneira de estratificación social establecida, en forma tradicional e prescritiva, a cal clasifica ás persoas dentro da sociedade en catro grandes grupos.
En forma xeral, casta refírese a calquera forma de estratificación que pon énfase en factores herdados ou de nacemento do individuo para clasificalo socialmente.
As catro grandes castas son:
- Os brahmana[2] (sacerdotes, mestres, académicos) son a casta máis alta, que —segundo eles acreditan— saíron da boca de Brahma.
- Os chatria[3] ou xatria[4] (clase política-militar), que saíron dos ombreiros de Brahma.
- Os vaixá[5] (comerciantes, artesáns e agro-gandeiros), que se formaron das cadeiras de Brahma.
- Os sudra[6] (servos e obreiros), que proveñen dos pés de Brahma.
Un grupo á parte das castas é o que conforman os dalits ou intocables, unha clase social tan baixa que se consideraba fóra dos varnas. Os hindús consideran que os dálits "son tan baixos coma o mar", e para sobrevivir traballan nos espazos laborais permitidos polo sistema de castas, como o de recoller excrementos humanos coas mans.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casta.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brahmana.
- ↑ "chatria". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 497.
- ↑ "xátria". Dicionário Estraviz.
- ↑ "vaixá". Dicionário Estraviz.
- ↑ "sudra". Dicionário Estraviz.