Saltar ao contido

Phillis Wheatley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhillis Wheatley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1753 Editar o valor en Wikidata
Senegâmbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1784 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCopp's Hill Burying Ground (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBoston (1761–) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa congregacional Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRevolución Americana Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1767 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Wheatley, Phillis)
Dictionary of African Biography,
Encyclopedia of African American Women Writers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 37e5bb92-ed05-43c2-a02b-e415c9e4f352 Discogs: 1928843 WikiTree: Wheatley-1348 Find a Grave: 6643184 Editar o valor en Wikidata


Phillis Wheatley, nada en África Occidental en 1753 e finada en Boston (Massachusetts) o 5 de decembro de 1784, foi unha escritora afroamericana, a primeira en publicar un libro nos Estados Unidos. A súa obra Poems on Various Subjects foi publicada en 1773, dous anos antes de que comezase a Guerra de independencia dos Estados Unidos, e está considerada un dos primeiros exemplos da literatura de xénero afro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada no actual Senegal e instalada na actual Gambia, foi capturada e sometida á escravitude cando tiña sete anos. Foi levada a América contra 1760, e John e Susannah Wheatley, de Boston, comprárona e convertérona ao cristianismo. A familia de mercadores aseguráronse de que a moza intelectualmente dotada recibise unha boa educación, incluíndo estudos de latín, grego, mitoloxía e Historia. Pronto dominou o inglés e publicou o seu primeiro poema cara a 1767 con 13 anos, no Newport Mercury. Posteriormente publicou outras obras líricas.

En 1770 escribiu un tributo poético sobre a morte do calvinista George Whitefield, que foi merecedor dunha aclamada popularidade en Boston. A súa poesía foi admirada por moitas das figuras imperantes da Revolución Norteamericana. George Washington, louvouna polo seu "gran Xenio poético" e agradeceulle persoalmente un poema que ela escribiu na súa honra. Mais esta admiración non era universal. Por exemplo, Thomas Jefferson estaba dentro dos críticos máis duros da súa poesía.

A poesía de Wheatley xira ao redor de temas cristiáns, con moitos poemas dedicados a personalidades famosas. Escasa vez menciona a súa situación persoal. Un dos poucos que tratan a escravitude é "On being brought from Africa to America".

Moita xente branca atopaba difícil de crer que unha muller negra puidese ser tan intelixente como para escribir poesía. Así, en 1772 debeu defender a súa capacidade literaria na corte. Foi examinada por un grupo de intelectuais de Boston, entre eles John Erving, o reverendo Charles Chauncey, John Hancock, Thomas Hutchinson, o gobernador de Massachusetts, e o seu tenente gobernador Andrew Oliver. Concluíron que, de feito, ela era a autora dos poemas atribuídos e asinaron un certificado publicado no prefacio ao seu libro de Poems on Various Subjects, Religious and Moral. O traballo foi publicado en Aldgate (Londres) en 1773 pois a editorial en Boston negouse a aceptalo. Phillis e o fillo do seu señor, Nathanial Wheatley, foron a Inglaterra, onde Selina, a Condesa de Huntingdon, e o Conde de Dartmouth axudárona con incentivos económicos.

Algúns críticos citan a exitosa defensa de Wheatley da súa obra na corte e a publicación do seu libro como o primeiro recoñecemento oficial da literatura afroamericana. En 1778 o poeta afroamericano Jupiter Hammon compuxo unha oda a Wheatley.

Tras a morte de John e Susannah Wheatley, Phillis casou con John Peters, un negro liberto que traballaba vendendo verduras. Logo de o seu marido abandonala, traballou como serventa doméstica. Nin o traballo duro nin a súa habilidade artística lle trouxeron prosperidade, e morreu aos 31 anos sumida na pobreza. O seu terceiro fillo morreu unhas horas despois. Non se atopou un segundo volume de poesía no que estaba traballando.

Poems on Various Subjects, Religious and Moral, 1773
  • Poems on Various Subjects, Religious and Moral (1773)
  • An Elegy, Sacred to the Memory of the Great Divine, the Reverend and Learned Dr. Samuel Cooper, Who Departed This Life December 29, 1783
  • Memoir and Poems of Phillis Wheatley, a Native African and Slave (Boston, 1834)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • American Literature to 1900 vol. I, de Teresa Gibert, Centro de Estudos Ramón Areces, Madrid

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]