Philippe-François-Joseph Le Bas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Philippe-François-Joseph Le Bas
Philippe Le Bas.jpg
Nome completoPhilippe François Joseph Le Bas
Nacemento4 de novembro de 1765
 Frévent
Falecemento28 de xullo de 1794
 París
Causaferida por arma de fogo
SoterradoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico e avogado
CónxuxeÉlisabeth Le Bas
FillosPhilippe Le Bas
editar datos en Wikidata ]

Philippe-François-Joseph Le Bas (Frévent, 4 de novembro de 1762 - París, 28 de xullo de 1794) revolucionario francés, membro do partido dos Montañeses e comisario do Comité de sûreté générale, era un estreito colaborador de Robespierre cando tras os sucesos do 9 de termidor que levaron á caída deste, decidiu suicidarse antes de que se procedese ao seu arresto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun notario e intendente do príncipe de Rache, Le Bas foi elixido en 1792 deputado representante da provincia de Calais na Convención en compañía de Saint-Just, polo partido da Montagne.

Durante o proceso do rei Luís XVI, Le Bas votou en favor da súa condena á morte e en contra do seu sobresemento.

En agosto de 1793, foi nomeado delegado do exército do Norte xunto a Duquesnoy, decidindo o arresto dos xenerais Richardot e Ou'Moran acusados de incompetencia. Membro do Comité de sûreté générale e comisario da Convención para os exércitos, partiu xunto a Saint-Just ao leste do país coa misión de reorganizar as forzas republicanas tras a invasión de Alsacia e a toma de Wissembourg polos austríacos, para despois, trasladarse ao exército do Norte por orde do Comité de Salvación Pública, contribuíndo á vitoria da batalla de Fleurus.

Sempre fiel a Robespierre, tras os acontecementos do 9 de termidor, suicidouse dun disparo na cabeza no momento en que os axentes dirixidos por Barras e Léonard Bourdon entraban para arrestar o no concello de París.

O seu fillo, Philippe Le Bas (1794-1860) será director da biblioteca da Sorbona e presidente do Institut de France.