Philip Kotler
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de maio de 1931 Chicago, Estados Unidos de América |
| Educación | Harvard Business Publishing (pt) Universidade DePaul Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade de Chicago Universidade Harvard |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Mercadotecnia |
| Ocupación | economista, profesor universitario, escritor, matemático, empresario |
| Empregador | Universidade do Noroeste |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | pkotler.org |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Philip Kotler, nado o 27 de maio de 1931 en Chicago, Illinois, é un autor de mercadotecnia, consultor e profesor estadounidense. É o autor de medio cento de libros sobre mercadotecnia, incluídos Principles of Marketing, Kotler on Marketing: How to Create, Win, and Dominate Markets, e Marketing 3.0: From Products to Customers to the Human Spirit. Kotler describe a mercadotecnia estratéxica como "a ligazón entre as necesidades da sociedade e o seu patrón de resposta industrial".
Visión da mercadotecnia
[editar | editar a fonte]Kotler comezou a ensinar mercadotecnia no ano 1962 no Kellogg School of Management, na Universidade Northwestern. Cría que a mercadotecnia era unha parte esencial da economía e vía á demanda influenciada non só polo prezo senón tamén pola publicidade, as promocións, os vendedores, o correo directo, e varias institucións (axentes, distribuidores, grosistas...) operando como canles de distribución.
Kotler sostén:
"A tarefa da organización da mercadotecnia é determinar as necesidades, desexos e intereses dos mercados obxectivo e acadar os resultados desexados con máis eficacia e eficiencia que os competidores, dun xeito que preserve ou mellore o benestar do consumidor ou a sociedade".