Phan Thị Kim Phúc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhan Thị Kim Phúc
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Trang Bang (Vietnam do Sur) Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO
novembro de 1997 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaToronto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCanadá (1997–)
Vietnam (–1997)
Vietnam do Sur Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo e Cao dai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , embaixadora de Boa Vontade da UNESCO Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e Lingua vietnamita Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0679652 Editar o valor em Wikidata

Phan Thị Kim Phúc, tamén coñecida como Kim Phúc, nado en Trảng Bàng o 2 de abril de 1963, é unha muller vietnamita, embaixadora de boa vontade da UNESCO.[1] Con nove anos acadou sona ao aparecer nunha foto da guerra de Vietnam[2] cando fuxía da súa aldea, que estaba baixo un bombardeo de napalm. A imaxe, tomada por Huynh Cong Ut da axencia Associated Press o 8 de xuño de 1972, recibiu o World Press Photo[3] en 1972 e o Premio Pulitzer for Photographic Reporting[4] en 1973.

Kim Phúc reside actualmente no Canadá e ten dous fillos.

O seu relato á BBC[editar | editar a fonte]

Kim contou á BBC a súa experiencia:

En 1972, os estadounidenses lanzaron unha bomba de napalm sobre a miña aldea do sur de Vietnam. Un fotógrafo, Nick Ut, fíxome unha foto fuxindo do lume, a foto que é tan famosa hoxe en día. Lembro que tiña 9 anos, só era unha nena. Aquela noite, nós, na aldea, escoitamos que viñan os Viet Cong e que querían usar a aldea como base. Despois, de día, viñeron e puxéronse a loitar na aldea. Tiñamos moito medo. Lembro que a miña familia decidiu buscar refuxio nun templo porque críamos que era un lugar sagrado. Críamos que se nos agochábamos alí, estaríamos a salvo. Non cheguei a ver explotar a bomba de napalm; Só lembro que, de súpeto, vin lume que me rodeaba. De súpeto, prendeu lume toda a miña roupa, e sentín que as chamas me queimaban o corpo, especialmente o brazo. Nese momento, pasóuseme pola cabeza que me volvería fea polas queimaduras, que xa non sería unha nena coma as demais. Estaba aterrada, porque de súpeto xa non vin a ninguén preto de min, só lume e fume. Estaba chorando e, de milagre, non me queimaban os pés cando corría. Só sei que comecei a correr, correr e correr. Os meus pais non poderían escapar do lume, polo que decidiron regresar ao templo e continuar alí acubillados. A miña tía e dous curmáns meus morreron. Un deles tiña 3 anos e o outro só 9 meses, eran dous bebés. Entón atravesei o lume.
Kim Phuc[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kathleen Burge (14/02/2013). "Girl in famous Vietnam photo talks about forgiveness". Consultado o 9 de setembro de 2016. (en inglés)
  2. Audrey Furlaneto (23/12/2012). "‘Nada foi como o Vietnã’, diz Nick Ut". Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  3. "World Press Photo of the Year, prize singles". Consultado o 9 de setembro de 2016. (en inglés)
  4. Carlos W. Leite (2015). "As 10 fotografias mais tristes da história". Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  5. "A foto que chocou o mundo" Especial: Vietnã, 25 Anos Depois (28 de abril, 2000). Consultado: 3 de decembro de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]