Antonello da Messina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonello da Messina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Antonello di Giovanni di Antonio Editar o valor em Wikidata
1430 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Messina Editar o valor em Wikidata
Morte1479 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Messina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Sicilia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura ó óleo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico Editar o valor em Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresColantonio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosPietro de Saliba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosIacobello De Antonio, Paola da Messina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGiovanni Di Michele Degli Antoni Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 561b18ee-960e-4675-9b1d-490b23cffbc6 Discogs: 2272941 Find a Grave: 9670524 Editar o valor em Wikidata
Antonello da Messina, San Xerome no seu estudo, 1460
Virxe da Anunciación, Museo "Palazzo Abatellis", Palermo

Antonello di Giovanni d'Antonio (en siciliano: Antonellu di Giovanni d'Antoniu di Missina), chamado Antonello da Messina (ca. 1430 nas inmediacións de Messina-1479 en Messina) foi un pintor italiano nativo de Sicilia considerado como un dos introdutores das técnicas pictóricas con óleo en Italia.
Integrante dunha familia do gremio de artesáns ciceladores (mazoni), axiña evolucionou cara ás belas artes, destacando como pintor que reúne a cultura luminística atmosférica dos pintores flamengos coa cultura monumental-perspectivista italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iníciase cos modelos locais. Atribúese a Antonello a Annunciata -ou Virxe da Anunciación- cuxo modelo asemella ser a súa veciña e amiga da infancia: santa Eustochia Smeralda Calafato, da cal estaría namorado.

Entre 1445-1446 realiza a súa aprendizaxe máis sistemática con Colantonio en Nápoles, tal aprendizaxe con Colantonio é testemuñada por unha carta que Pietro Summonte envía a Marcantonio Michiel en 1524. Desta primeira época é o influxo -aínda prerrenacentista- que recibe da escola chamada "ibérico-provenzal", caracterizada pola importancia da luz e a diafanidade.

Cara a 1450 suponse que traballa en Milán para os Sforza. Tal hipótese é case unha certeza xa que nas actas dos Sforza figuran como pintores contratados "Antonellus Sicilianus" e "Peter Brugensis"; o segundo é Petrus Christus do cal se ten perfecta constancia respecto á súa estancia en Milán e, máis aínda, do influxo que recibiu de Antonello da Messina. Na obra de Antonello da Messina unha das cuestións que máis chaman a atención son os seus finos traballos ó óleo sobre táboa, con -moitas veces- un detallismo e un rigor típicos dos primitivos flamengos, é así que os seus estudos da vexetación lembran ós de Jan van Eyck e a Roger van der Weyden. Esta mesma influencia flamenga percíbese na harmonía de tons e a delicadeza con que representa rostros de moi definidos trazos.

A partir de 1460 a súa pintura vólvese decididamente máis italiana e plenamente renacentista, xa que comeza a usa-la perspectiva e dar máis énfase ó claroscuro. É en tal período que se nota influído por Piero della Francesca, influxo que lle dota dun profundo entendemento do sentido do espazo, de modo que as figuras que representa se destacan polos seus volumes nítidos chegando así a unha logradísima síntese do "particularismo" e detallismo flamengo e os pierfrancescanos planteos espaciais, tal cal se nota en A Virxe e O Neno. En 1475 é xa célebre como mestre en toda Italia, sendo contratado en Venecia, cidade onde realiza a súa gran Retablo de san Casiano. Alí en Venecia é un precursor da chamada "Escola tonal véneta". Sentíndose enfermo regresa a Messina, onde efectúa os seus últimos traballos "mal de corpo aínda que san de alma", finando en 1479.

Caracteriza toda a súa obra unha gran sinxeleza, xunto cun extraordinario talento para crear formas puras ata transfigurar a realidade tal como se percibe en A Virxe e O Neno, aínda que máis interesante é a súa coloratura chea de luz, unha luz que une delicadamente as cores e dá extraordinaria claridade a gran parte dos seus cadros. Nos seus numerosos retratos (que inclúen autorretratos) destácase un gran rigor formal e -sobre todo- unha gran penetración psicolóxica.

Aprecio especial merece a súa Virxe da Anunciación, gardada no Museo de "Palazzo Abatellis", en Palermo; en primeiro lugar chaman a atención a disposición das mans da Virxe, como nun plano de perspectiva distinto do conxunto, así as mans aparecen adiantadas e suspendidas. O rostro da Virxe está representado de tal maneira que se elude unha idealización de carácter místico: é o rostro dunha bonita siciliana real. Tal realismo é obtido case imperceptiblemente con pequenos detalles (por exemplo, o pregamento do veo que cobre a virxe é un pregamento como de peza de lencería recentemente tirada dun cofre). Tal muller destaca pola pel, contrastando co veo azul, e, á súa vez, o veo azul destaca "sobre" un fondo absolutamente escuro, dando unha atmosfera íntima.

En 1915 o crítico italiano Adolfo Venturi de Antonello dá Messina dixo:

"Clásico sen estudar ós clásicos, minucioso, exacto como un mestre flamengo, luminoso como Piero della Francesca"...

Os seus influxos directos obsérvanse na obra do xa citado Petrus Christus, así como nas de Lorenzo Lotto, Zanetto Bugatto, Pier Maria Pennacchi e Giovanni Bellini.

Obras[editar | editar a fonte]

Algunhas das principais obras de Antonello da Messina:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]