Peter Demens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Пётр Алексеевич Дементьев 1 de maio de 1849 (Xuliano) Vesyegonsky Uyezd (Imperio Ruso) |
Morte | 21 de xaneiro de 1919 (69 anos) Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Peter Demens (nado como Pyotr Alexeyevitch Dementyev, en ruso: Пётр Алексеевич Дементьев), nado o 1 de maioxul./ 13 de maio de 1850greg. e finado o 21 de xaneiro de 1919,[1] foi un nobre ruso que migrou en 1881 aos EUA e converteuse en propietario ferroviario e un dos fundadores da cidade de St. Petersburg, Florida.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Pyotr A. Dementyev naceu nunha familia acomodada no raión Vesyegonsky, óblast de Tver, Rusia. Demens era un aristócrata ben formado e de ideas liberais, curmán entregue do Príncipe Romano, e capitán da Garda Imperial. O seu pai morreu cando era pequeno deixándolle dúas propiedades: unha preto da capital do tsar, San Petersburgo, e outra preto de Moscova.[2] A súa nai morreu cando tiña 4 anos.[2] Sábese que medrou nunha casa de pedra con serventes e converteuse no señor dos terreos da familia aos 17 anos.[2] Recibiu formación como gardamontes mentres xestionaba as numerosas propiedades da familia, o que lle sería de grande utilidade no futuro.
Demens foi criado polo seu tío materno Anastassy Alexandrovich Kaliteevsky, mariscal do distrito nobre de Vesyegonsk, que se converteu no seu titor e en gardián das súas propiedades inmobiliarias.[3] Cando tiña 10 anos foi enviado a San Petersburgo a estudar no Gymnasium Nº 3.[3] Grazas ás súas boas notas Demens foi transferido á Primeira Escola Técnica, en San Petersburgo.[3]
En 1867, converteuse en tenente de infantaría da garda do tsar.[2] Foi ascendendo de rango ata estar ao mando dos sentinelas do Palacio de Inverno e da casa do Príncipe herdeiro Alexandre.[2] Catro anos máis tarde dimitiu e dedicouse a ser terratenente.[2] Casou con Raisa Borisenko, que tamén era orfa e fora criada por familiares.[2] Foi elixido mariscal da nobreza municipal e fíxose un escritor cun estilo directo e activo no seu goberno rural.[2] É coñecido que Demens simpatizaba con líderes populistas e nunca tivo ideas radicais ou marxistas.[2]
Comezou a falar abertamente do réxime tsarista e abandonou Rusia despois do asasinato do Tsar Alexandre II en 1881.[2]
Nos Estados Unidos de América
[editar | editar a fonte]En maio de 1881, "deixando atrás a súa familia, [Demens] chegou en barco a Nova York, coa esperanza da promesa americana de mobilidade e oportunidade".[2] Dise que "pasou a viaxe polo mar a estudar un libro de texto de inglés".[2] "Chegado a Nova York con 3 000 dólares para comezar unha nova vida, Demens embarcou para Florida" ("pasando un día en Nova York antes de coller un tren ao laranxal do seu curmán en Jacksonvillle").[2] Como daquela a terra en Jacksonville era cara para el, Demens colleu "un vapor terra adentro, onde agardaba gañar máis diñeiro".
Decidiu entrar no negocio da madeira ("investindo nun serradoiro e unha construtora en Longwood"),[4] e en 1885 estaba a prover de travesas á compañía de vía estreita Orange Belt Railway. Cando a compañía non puido pagar as súas débedas Demens fíxose coa concesión. Como dono da compañía, Demens "[estendeu] as vías para unir Kissimmee con Jacksonville e Tampa Bay."[2] (coa axuda de Hamilton Disston).[5] Demens endebedouse para completar a liña e vendeuna en 1889 a Henry B. Plant, dono dos ferrocarís Plant System.
Demens co-fundou St. Petersburg con John Constantine Williams Sr. O 8 de xuño de 1888 o primeiro tren chegou á estación terminal do sur do Condado de Pinellas cun só pasaxeiro. O lugar non tiña nome oficial nin rúas ou beirarrúas. Despois de coller a palla máis curta Demen chamou ao lugar onde estaba a terminal St. Petersburg, como San Pertersburgo, na Rusia, onde pasara a metade da súa xuventude. Williams quería chamala Detroit, que máis tarde sería o nome do primeiro hotel da cidade.
Morte e legado
[editar | editar a fonte]Polo que se sabe, "os descendentes de Peter Demens agora viven en California e na Columbia Británica, [entre os que se atopan] un neto, Peter Demens Tolstoy (tamén sobriño neto do escritor Lev Tolstoy[6]); un bisneto, Greg Demens; e un tataraneto, Greg Demens."[4]
O embarcadoiro Demens en St. Petersburg leva ese nome na súa honra.[7]
En 1979 inaugurouse un monumento de granito en St. Petersburg na memoria do fundador da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Full Steam Ahead! The Story of Peter Demens. Founder of St. Petersburg, Florida. Albert Parry. p. 4 & p. 47 Great Outdoors Publishing Company. 1987. ISBN 0-8200-1034-0
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Jim Robison. "When Florida Boom Went Bust, Russian Nobleman Turned To Writing". Orlando Sentinel (Florida). OSCEOLA; P. K6. 23 de marzo de 2003.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Bobrova, Olga. "St. Petersburg: through centuries – On the map of the world: Where are our namesakes?". www.300.years.spb.ru. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2016-07-09.
- ↑ 4,0 4,1 William H. Parsons. "Raise a toast to Demens (de-MENS)". St. Petersburg Times (Florida). NEIGHBORHOOD TIMES; GUEST COLUMN; P. 2. 24 de maio de 2000.
- ↑ Jim Robison. "One-Time Officer In Czar's Guard Became A Railroad Czar In America". Orlando Sentinel (Florida). SEMINOLE; P. K15. 31 de outubro de 1993.
- ↑ A founding grandfather lives in lore. MONICA DAVEY. St. Petersburg Times (Florida). LARGO-SEMINOLE TIMES; px. 6, 23 de maio de 1994.
- ↑ "Demens Landing Historical Marker". www.hmdb.org. 10 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gene Burnett. "Florida's Past: People and Events That Shaped the State". Pineapple Press, agosto de 1998. History – 280 páxinas. ISBN 1-56164-115-4
- Grismer, Karl H. "The Story of St. Petersburg". St. Petersburg, FL: P. K. Smith, 1948.
- Peter Demens. "My Life in America".
- Mohoff, George & Jack Valov. "A Stroll Through Russiantown" 1996. Capítulo 13, pp. 83–88, "Captain Peter A. Demens".
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Traballos sobre ou de Peter Demens no Internet Archive
- Peter and Ann Tolstoy, Oral Histories, City of Cucamonga, CaliforniaArquivado 11 de abril de 2019 en Wayback Machine.
- The Historical Marker Database Demens' Marker en St. Petersburg, Florida Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- When Florida Boom Went Bust, Russian Nobleman Turned To Writing, de Jim Robison, Orlando Sentinel, 23 de marzo de 2003
- Дементьев Петр Алексеевич // Иванян Э. А. Энциклопедия российско-американских отношений. XVIII-XX века. — Москва: Международные отношения, 2001. — 696 с. — ISBN 5-7133-1045-0.