Río Cabul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabul (ou Kabul)
Indus river.svg
O río Cabul, entre outros, no río Indo
País Afganistán e Paquistán
Nacemento Montañas do Afganistán
Lonxitude 700 km
Conca 66000 km²
Caudal medio 650 m³/s
Desembocadura Río Indo

O Cabul, Kabul ou Kabal, é un río que nace nas montañas Sanglakh, en Afganistán.

É o principal río do leste de Afganistán, fluíndo por máis de 700 km antes de desaugar no río Indo preto de Attock, en Paquistán. Pasa polas cidades de Cabul, Chaharbagh, Jalalabad, e, entra no Paquistán aproximadamente 30 km ao norte do Paso de Khyber, Nowshera.

Os afluentes principais do Cabul son o río Logar, río Panjshir, río Kunar e río Alingar.